Condado de Gotland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 83:
 
== Natureza e xeografía ==
 
=== Xeomorfoloxía e xeoloxía ===
A natureza da illa diferénciase considerablemente do resto de Suecia. Isto débese en parte á súa situación illada e a unha posterior racionalización da agricultura e silvicultura con respecto á Suecia continental. Porén, o factor máis importante é o leito infértil de [[calcaria]], que creou as condicións para unha especie de flora moi especial.
 
=== Xeomorfoloxía e xeoloxía ===
A historia de Gotland remóntase ata hai uns 400 millóns de anos, ata o período coñecido como [[silúrico]]. Nesa época Suecia atopábase preto do [[Ecuador celeste|ecuador]] e Gotland estaba nun entorno de arrecife de coral tropical nun mar cálido e pouco profundo rico en especies animais, como por exemplo [[crinoideos]], [[braquiópodos]] e [[Trilobite|trilobites]].
 
Liña 92 ⟶ 91:
 
A illa obtivo forma actual a partir do xeo e a auga durante e despois da última [[glaciación]]. Na parte oeste da illa elévanse en moitas seccións grandes cantís. Nalgúns lugares estes atópanse baixo a superficie do mar e forman os chamados ''pallkanter'', fóra dos cales a profundidade pode ser moi grande. O lado leste é principalmente chan, con praias pouco profundas. O punto máis alto é Lojsta hed, que se atopa no medio da illa e ten unha altura de 83 metros sobre o nivel do mar.
 
=== Flora e fauna ===
Na illa sucédense un tipo de paisaxe que consiste nunha fina capa de vexetación sobre un leito de calcaria que non é apto para a agricultura (''alvar'') e terreo rochoso, bosques de piñeiros de baixo crecemento e prados, e terreos de cultivo e pasto. No pasado a paisaxe de Gotland estaba fortemente marcada por unha serie de pantanos moi extensos. A meirande parte deles drenáronse durante os séculos XVIII e XIX e eses terreos pasaron a usarse como terreos de cultivo. No presente aínda quedan varios lagos na illa (''träsk''), destacando o Tingstäde träsk e o Bäste träsk.
 
== Administración ==