Condado de Gotland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 72:
 
A finais do século XIV Gotland converteuse nun refuxio para piratas, os chamados [[Irmáns das vituallas]] que en [[1394]] e estableceron o seu cuartel xeral en [[Visby]]. Durante moito tempo a illa converteuse nunha peza importante no xogo político nórdico. Visby foi conquistada varias veces pola [[Orde Teutónica]], polas tropas da raíña [[Margarida I de Dinamarca|Margarida Valdemarsdotter]], de [[Erico de Pomerania]], de [[Cristovo de Baviera]], e de [[Carlos VIII de Suecia]]. No ano 1525 Lübeck incendiou unha gran parte de Visby.
 
=== Época sueca ===
Co tratado de paz de Brömsebro Gotland volveuse sueca en1645. O castelo de Visborg en Visby, que fora moitas veces o punto de partida dos piratas que operaban na illa, foi demolido polos daneses cando por segunda e derradeira vez renunciaron á illa en favor dos suecos en 1679. A pesar da unificación con Suecia a illa mantivo a súa decadencia.
 
Visby, fortemente devastada, comezou a reconstruírse a finais do século XVII, pero o seu rol como porto comercial internacional rematara moito tempo atrás. Outras partes da illa sufrían illamento e pobreza. Durante o século XIX comezou a desenvolverse a agricultura e drenáronse os vastos pantanos da illa. Cara finais de século Visby comezou a industrializarse e construíronse unha serie de liñas de [[Ferrocarril en Gotland|ferrocarril]] na illa.
 
O século XX estivo marcado por unha crecente industrialización, pero finalmente a industria do turismo fíxose predominante. Gotland comezou a ser un popular destino turístico entre a sociedade sueca a finais do século XIX debido a que a princesa Uxía vivíu en Västerhejde, no oeste da illa, a partir da década de 1860. Na década de 1910 construíronse grandes vilas de verán na vila de Ljugarn, e en 1955 fundouse o pobo de vacacións de Vitvärs, o primeiro do seu tipo na illa.
 
En [[1969]] rodouse nunha das súas casas a internacionalmente famosa [[serie de televisión|serie]] infantil de televisión ''[[Pippi Mediaslongas]]''.