Condado de Gotland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 68:
 
A finais do século XIII e principios do XIV o poder central sueco intentou conectar Gotland co reino de Svea. No ano 1285 Magnus Ladulås, representante de 23 cidades hanseáticas, reuníuse no castelo de Kalmar. Na reunión chegouse a un acordo para que Gotland pertencese a Suecia, pero na práctica a influencia do goberno central non se fixo moi evidente na illa. En 1313 År 1313 o rei [[Birger Magnusson]] iniciou unha serie de guerras contra Gotland para forzar aos seus habitantes a pagar máis impostos. Un exército de labregos gotlandés derrotou ao rei na batalla do outeiro de Röcklinge, no socken de [[Lärbro]].
 
No século XIV o auxe do comercio en Gotland e Visby comezou a declinar por diversos motivos. Lübeck converteuse nun porto comercial máis importante e o monopolio comercial gotlandés no leste esvaeceuse. Ao redor de 1350 chegou a [[peste negra]] á illa, e en 1361 desembarcou o rei danés [[Valdemar IV de Dinamarca|Valdemar Atterdag]] na costa oeste, e finalmente esmagou ao pobremente equipado exército de labregos de Gotland nunha sanguenta [[Batalla de Visby|batalla]] fóra das murallas de Visby. A cidade abriría as súas portas e sería saqueada polos daneses, aínda que as fontes históricas son pouco claras ao respecto. O que é claro é que debido á combinación destes dous últimos factores a poboación de Gotland reducíuse drasticamente.
 
Os [[Irmáns das vituallas]] ocuparon a illa en [[1394]] e estableceron o seu cuartel xeral en [[Visby]].