Diferenzas entre revisións de «Alexandre Dumas (fillo)»

m
→‎Traxectoria: fonte para o título en galego
(Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
m (→‎Traxectoria: fonte para o título en galego)
Etiqueta: edición de código 2017
Ademais de soportar o estigma da ilexitimidade, Dumas fillo levaba sangue negro. O seu pai era un cuarterón descendente dun nobre francés e unha negra haitiana. Nos internados escolares, Dumas fillo foi sempre vituperado polos seus compañeiros. Todas estas experiencias determinaron os seus pensamentos, comportamento e escritos. No seu primeiro libro de poemas, ''[[Pecados de mocidade]]'' ([[1847]]) denunciaba, dalgunha forma, a vida disipada que levou na súa mocidade, renegando dela.
 
En [[1844]], Dumas trasladouse a [[Saint-Germain-en-Laye]] para vivir co seu pai. Alí coñeceu a Marie Duplessis, unha moza cortesá que inspiraría a súa novela romántica ''[[A dama das camelias]]'' ([[1848]])<ref>{{Cita web|título=Ficha en Bitraga. Biblioteca de tradución galega|url=https://bibliotraducion.uvigo.es/bibliotraducion/traduccions_ver.php?id=2478|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=26 de outubro de 2021}}</ref>. Adaptada como obra teatral, alcanzou tal éxito que animou a Dumas a proseguir coa súa carreira de dramaturgo. Titulouse, en inglés ''Camille'' e constituíu a base para a ópera de [[Giuseppe Verdi|Verdi]], ''[[La traviata]]'' ([[1853]]). Nas súas obras teatrais, cargadas de ensinos morais, denuncia os prexuízos sociais da época e aboga polos dereitos da muller e os nenos.
 
En [[1864]], Alexandre Dumas casou con Nadeja Naryschkine, con quen tería unha filla. Tralo falecemento desta, contraeu matrimonio con Henriette Régnier.
22.815

edicións