Probo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Sen resumo de edición
Liña 5:
}}
 
'''Marco Aurelio Probo''' (en [[Lingua latina|latín]], '''Marcus Aurelius Probus''',) nado en [[Sirmium]] ([[Pannonia]]) no ano [[237]] e finado preto desa mesma vila no ano [[282]], foi un militar e político do [[Imperio Romano]].
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha humilde familia. Dende novo amosara o seu valor, xa que fora elixido tribuno militar por [[Valeriano]]. Cos emperadores [[Claudio II o Gótico|Claudio II]], [[Aureliano]] e [[Marco Claudio Tácito|Tácito]] participou en diversas campañas. Era xeneral e Prefecto de oriente, e trala morte de [[Marco Claudio Tácito]] as lexións de Siria non aceptaron o nomeamento de [[Floriano]] como emperador. Probo enfrontouse a [[Floriano]], que quedara loitando contra os bárbaros en Occidente. A táctica deste era deixar pasar o tempo, pero moitos lexionarios pásansepasáronse ó bando de Probo, e Floriano morreu asasinado polas súas tropas. O [[Senado romano|Senado]] apresurouse a aceptalo e nomealo emperador no [[276]].
 
Probo enfróntase con éxito a tódalas invasións dos [[godos]], os [[vándalos]], os [[francos]] e os [[burgundios]], pobos de orixe escandinava que pasaran á [[Xermania Magna|Xermania]] e agora facían incursións na [[Galia]]. Así a todo, pactou con algúns grupos para que se establecesen nos ''limes'' do imperio, a cambio de que loitasen contra as invasións doutros pobos.
 
Negociou a paz con [[Persia]], venceu os [[sármatasármatas]]s no norte e os isauros no leste e, unha vez conseguida a estabilidade e a paz, dedicouse a proxectar e construír numerosas obras públicas. Rematou en [[Roma]] a muralla de [[Hadriano (emperador)|Adriano]] e dispuxo dalgunhas reformas que en tempos de [[Diocleciano]] se viron rematadas.
 
Puxo o exército a facer labores civís. Os [[Lexionario|lexionarios]] empezaron por limpar canles de rego nas terras de labranza para abastecer o imperio do necesario gran. Pero, este labor non esta moi ben vista por moitos destes, que consideraban un traballo aldraxante para un soldado. Preto de Sirmium, a cidade natal do emperador, nunha mañá en que estaba a pasear o emperador, un grupo de soldados deulle morte. Con el morre un dos mellores emperadores do [[século III]], sendo tamén moi apreciado polo pobo de Roma e o Senado. O elixido para substituílo foi '''[[Caro|Marco Aurelio Caro]]'''.'''
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Lista de emperadores romanos]]
{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=[[Imperio Romano]]|