Edicións do Cumio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Edicións do Cumio Distribucións Arnoia Vilaboa.jpg|miniatura|Instalacións de Edicións do Cumio na Ramalleira.]]
 
'''Edicións do Cumio''' foi unha empresa [[editorial]] e [[selo discográfico]] [[Galiza|galego]], activa entre [[1988]] e [[2017]].<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-arnoia/2017/04/08/span-langgl-baixada-continuada-vendas-obriga-ao-peche-edicions-do-cumio-tras-case-trinta-anos-actividadespan/0003_201704G8P37991.htm "A baixada continuada de vendas obriga ao peche a Edicións do Cumio, tras case trinta anos de actividade"], [[Xesús Fraga]] en ''[[La Voz de Galicia]]'', 8 de abril de 2017.</ref> Fundada no ano 1988 en [[Vigo]], estivo dirixida primeiramente por [[Carlos Blanco Yáñez]] e logo por [[Antón Mascato García]]. Foi adquirida polo grupo [[distribucións Arnoia]], e as súas instalacións foron levadas á [[A Ramalleira, Santa Comba de Bértola, Vilaboa|Ramalleira]] ([[Vilaboa]]). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígonopolígono da [[A Reigosa, Tourón, Ponte Caldelas|Reigosa]], en [[Ponte Caldelas]].
 
== Traxectoria ==
Liña 19:
Pódense encontrar unhas 388 publicacións no seu catálogo, repartidas en varias categorías como son: libros, música, dicionarios, e guías e mapas. Entre os seus autores máis destacados están [[Antón Villar Ponte]], [[Rey Baltar]], [[López Cuevillas]] ou [[Álvaro Cunqueiro]], entre outros.
 
Dentro do xénero narrativo hai libros de autores moi recoñecidos como [[Edgar Allan Poe]] co seu libro "''Os crimes da rúa Morgue"'' ou "''O escaravello de ouro"'', ilustrados e traducidos por Fino Lorenzo. Tamén podemos destacar libros de [[Mito|mitos]] e [[Tradición|tradicións]] como "Contos de homes e mulleres" de [[Xosé Ramón Mariño Ferro]] ou "Serpes e dragóns", do mesmo autor.
 
Por outra banda, no xénero do [[Ensaio (literatura)|ensaio]] salienta ''A poesía de Eduardo Pondal'', ''Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego'' ou a obra ''Rosalía de Castro e os lugares de Cantares gallegos'', que trata dun estudo orixinal, tanto no fondo como na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con [[Rosalía]].
Liña 29:
Dentro do xénero infantil salientan os contos de cartón como "O gato con botas" ou "O osiño Boris".
 
Edicións do Cumio caracterízase por posuír unha grangrande liña multimedia, ofrecendo diversos grupos musicais, corais e bandas, principalmente de folclore tradicional galego; exemplo disto están os grupos como [[Banda Artística de Merza|Banda artística de Merza]], Banda Unión musical de Valadares, [[Coral Casablanca]] ou [[Banda de Música Municipal de Celanova]], con temas de autores galegos e internacionais.
 
==Notas==