Novela rosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
A asociación Romance Writers of America (Escritores Románticos de América)<ref>{{Cita web |url=https://www.rwa.org/p/cm/ld/fid=578 |título=Romance Writers of America |dataacceso=18 de maio de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20171001163903/https://www.rwa.org/p/cm/ld/fid=578 |dataarquivo=1 de outubro de 2017 }}</ref> define as dúas principais normas das [[Novela|novelas]] para seren consideradas deste xénero:
 
'''1.ª''' A historia debe centrarse na relación e o [[amor romántico]] que xorde entre dous seres humanos. A asociación estadounidense antes mencionada considera que, actualmente, non debe centrarse só no amor romántico heterosexual, senón que, segundo definen, a trama principal refírese a dúas persoas que se namoran e esfórzanse en que a súa relación funcione. O conflito no libro céntrase na historia de amor. O clímax no libro resolve a historia de amor. Poden existir outras subtramas, pero a historia de amor debe seguir sendo o tema principal.
 
'''2.ª''' O final da historia debe ser positivo, deixando ao lector que crea que o amor entre os protagonistas e a súa relación perdurará polo resto das súas vidas. Segundo a RWA, debe haber un "final emocionalmente satisfactorio e optimista". As novelas rosas finalizan de tal maneira que o lector se sente ben. Baséanse na idea dunha xustiza emocional innata, a noción maniquea de que a xente boa acaba sendo recompensada e a malvada é castigada. Nunha novela rosa, os amantes que se arriscan a loitar polo seu amor e a súa relación acaban sendo recompensados con xustiza emocional e amor incondicional.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xéneros literarios]]
[[Categoría:Amor]]