Diferenzas entre revisións de «Camille Claudel»

m
Lingua e ligazóns
m (engado obra de ca:wiki)
m (Lingua e ligazóns)
 
== Traxectoria ==
Dende a súa infancia en Champagne, Camille foi unha persoa moi apaixonada pola escultura: xogaba co barro e esculpía as persoas que a rodeaban, como o seu irmán Paul e a súa servente Hélène.
Naceu no seo dunha familia acomodada que se trasladou, sendo Camille aínda unha meniña, a [[Villeneuve-sur-Fère]] onde naceu o seu irmán, o poeta e diplomático [[Paul Claudel]], en 1868. Aínda que a familia residiu posteriormente noutras localidades, os veráns sempre os pasaron en Villeneuve. En 1881 a familia trasladouse a [[París]]. Camille tentou entrar na [[École des Beaux-Arts]], pero non a admitiron por ser muller, polo que alugou un estudio que compartiu con dúas americanas, entre as que estaba [[Jessie Lipscomb]], e onde lles daba clase un profesor da ''École'', ata que en 1883 este marchou a [[Roma]] pedíndolle a [[Auguste Rodin]] que o substituíse. Tras algunhas vacilacións este aceptou, coa condición de que Camille fose ao seu obradoiro. Alí convértese na súa inspiración, o seu modelo, a súa confidente e a súa amante. O coñecemento da súa relación pola familia levou a que Camille deixase a casa familiar. En 1892 rematou a súa relación amorosa con Rodin, aínda que se seguiron vendo regularmente ata 1898.
 
== Auguste Rodin ==
Unha vez rota a súa relación co escultor, entra na súa vida [[Claude Debussy]], pero tamén el está unido a outra muller. Mentres, as súas obras alcanzan certo éxito e aparecen con frecuencia artigos sobre ela nas revistas de arte. Nesta época de crise emocional, Camille péchase no seu taller e afástase do mundo. En decembro de 1905, Camille realizou a súa última exposición.
 
A partir de 1905 a [[saúde mental]] de Camille comezou a degradarse, desaparecía por longos períodos de tempo, destruíu gran parte da súa obra e tiña crises de [[paranoia]]. Acusou a Rodin de roubarlle as súas ideas e de tentar asasinala. Logo da voda do seu irmán, en 1906, viviu practicamente confinada no seu estudio.
 
== Declive ==
A partir de aí, sufriu sucesivas crises nerviosas que agudizarán cada vez máis e comezou a destruír as súas obras. Non tivo apoio familiar, xa que a súa nai e a súa irmá seguían sendo hostís á súa forma de vida e o seu irmán Paul estaba lonxe. O único que apoiaba a Camille era o seu pai, quen se negou reiteradamente a internar a súa filla como lle pedían os seus familiares directos.
 
O 3 de marzo de [[1913]] morreu o seu pai. O 10 de marzo a súa nai decidiu internala no sanatorio de Ville-Evrard e en xullo en Montdevergues, [[manicomio]] do cal, a pesar da súa recuperación e os seus lúcidos e desgarrados rogos ó seu irmán Paul, nunca saíu. Pechada pasou os derradeiros trinta anos da súa vida. A familia prohibiu que recibise visitas e nunca foron vela. Faleceu en 1943 e foi enterrada nunha [[tumba]] sen nome, só cos números 1943 -n392, no pequeno cemiterio da institución mental de Montdevergues. Á morte de Paul Claudel en 1955, ergueuse o veto que existía na familia sobre Camille e os descendentes quixeron dar unha tumba digna a Camille Claudel. Escribiron a Montdevergues solicitando a situación da tumba e a exhumación para o seu traslado. A institución contestou que a tumba desaparecera, xa que a institución necesitara unha serie de ampliacións e se utilizaran os terreos do pequeno cemiterio onde se enterraban os pacientes esquecidos polas súas familias<ref>Manuel Vicent, El País (3 de abril de 2010). «El beso de mármol de Camille Claudel». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.</ref>.
 
En 1988 estreouse a película francesa ''Camille Claudel'', dirixida por Bruno Nuytten e con [[Isabelle Adjani]] e [[Gérard Depardieu]] nos papeis principais de Camille Claudel e Auguste Rodin.
 
== Obra ==
A maior colección de obras de Camille Claudel exponse de xeito permanentente nunha sala, adicadadedicada exclusivamente a ela, no [[Museo Rodin]].
 
* ''L'âge mûr'' (expóñense dúas vesrión: unha en [[xeso]] e outra en [[bronce]])
* ''L'implorante'' (bronce)
* ''Clotho'' (xeso)
* ''Les causeuses'' (versión en xeso, versión en [[Ónix|ònixónix]] e versión en bronzebronce)
* ''La valse'' (bronce)
* ''Buste de Rodin'' (versión en xeso, versión en bronce)
* ''Vertumne et pomone'' (marbremármore)
* ''La vague'' (ònixónix e bronce)
* ''Profonde pensée'' (bronce)
* ''Profonde pensée'' (mármore)
* ''La jeune fille à la gerbe'' (bronce)
* ''Sakountala'' (arxila)
* ''L'abandon'' (bronzebronce)
* ''La niobide blessée'' (bronce)
* ''Jeune femme aux yeux clos'' (arxila ?)
12.086

edicións