Erwin Schrödinger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Obra: sección do gato de schoringer
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 48:
== Obra ==
=== Ecuación de Schrödinger ===
: ''Artigo principal: [[{{AP|Ecuación de Schrödinger]]''}}
 
Desenvolta en [[1925]] describe a dependencia temporal dos sistemas mecanocuánticos. É de grande importancia na teoría da [[mecánica cuántica]], onde representa un papel que se pode considerar semellante ás [[leis de Newton]] na [[mecánica clásica]].
 
Na mecánica cuántica, o conxunto de todos os estados posíbeis nun sistema descríbese por un [[espazo de Hilbert]] complexo, e calquera estado instantáneo dun sistema descríbese por un [[vector unitario]] nese espazo. Este vector unitario codifica as probabilidades dos resultados de todas as posíbeis medidas feitas ó sistema. Como o estado do sistema xeralmente cambia co tempo, o vector estado é unha función do tempo. Con todo, debe lembrarse que os valores dun vector de estado son diferentes para distintos lugares. Noutras palabras, tamén é unha función de x (ou, tridimensionalmente, de r). A ecuación de Schrödinger dá unha descrición cuantitativa da taxa de cambio no vector estado.
 
=== Gato de Schrödinger ===
{{AP|Gato de Schrödinger}}
 
En [[1935]], despois dunha extensa correspondencia co seu amigo [[Albert Einstein]], propuxo e publicou o experimento mental coñecido como o [[gato de Schrödinger]] coa intención de ilustrar os problemas da [[interpretación de Copenhaguen]] da mecánica cuántica cando se intenta aplicar á descrición de fenómenos a escala macroscópica.
 
As cuestións filosóficas que formula o gato de Schrödinger aínda se debaten actualmente. É un experimento que se usa con moita frecuencia na ciencia popular e recreativa.
 
Na [[cultura popular]], cabe mencionar que o gato de Schrödinger é un tema recorrente na serie [[The Big Bang Theory]]. O tema aparece por primeira vez cando Sheldon tenta explicar o experimento a Penny coma un exemplo para axudala a decidir se ten que saír ou non con seu amigo Leonard. A partir dese momento, menciónase varias veces en sucesivos capítulos e úsase frecuentemente para facer bromas.
 
=== ''What is life?'' ===