Erwin Schrödinger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligazóns
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 28:
Schrödinger mudouse a [[Zürich]] no verán de 1921. A vida en [[Suíza]] resultoulle máis estable. O científico practicou o [[esquí (deporte)|esquí]] e o [[alpinismo]] nas montañas, que ofrecían moitas oportunidades de recreo. As súas relacións con [[Peter Debye]], [[Paul Scherrer]] e [[Hermann Weyl]], que traballaban na [[ETH Zürich|Politécnica de Zürich]], non moi lonxe, favoreceron a creatividade científica de Schrödinger.<ref name="ref3">{{cita libro|nome= D.|apelidos=Hoffman |título= Erwin Schrödinger |páxinas=32—36 |lingua=en}}</ref> O seu tempo en Zürich foi escurecido por unha doenza grave en 1921 e 1922. Diagnosticáronlle [[tuberculose]] e tivo que pasar nove meses recuperándose en [[Arosa, Suíza|Arosa]], nos [[Alpes]] suízos.<ref name="Moore108">{{cita libro|nome= W. J.|apelidos=Moore |título= A Life of Erwin Schrödinger |url= http://books.google.cat/books?id=n6xzlrjxgfkc |lugar= Cambridge | editorial= University Press |ano=1994 |páxinas=108—109 |lingua=en}}</ref> En termos de creatividade, os anos en Zürich foron os máis frutíferos e Schrödinger escribiu a súa obra clásica sobre [[mecánica ondulatoria]]. Sábese que Weyl lle serviu de grande axuda á hora de resolver as dificultades matemáticas.<ref name="ref4">{{cita libro|nome= D.|apelidos=Hoffman |título= Erwin Schrödinger |páxinas=37—50 |lingua=en}}</ref>
 
En xaneiro de [[1926]] publicou un artigo titulado ''Quantisierung als Eigenwertproblem'' ("Cuantización coma problema de autovalores")<ref name=Quantisierung>E. Schrödinger, ''Quantisierung als Eigenwertproblem''. Annalen der Physik, Número 79, Primeira parte, páxina 361; Segunda parte, páxina 489; Número 81, Terceira parte, páxina 109; [[Leipzig]], 1926. Dispoñible en [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k153811.zoom.r=Schr%C3%B6dinger.f373.langEN Primeira parte] e en [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k153811.zoom.r=Schr%C3%B6dinger.f509.langEN Segunda parte], [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k15383q.zoom.f117.langFR Terceira parte] {{de}}</ref> na prestixiosa revista ''[[Annalen der Physik]]''<ref name="gallica">{{cita web| url = http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/cb34462944f/dato.r=Annalen+der+Physik.langEN | título = Annalen der Physik}}</ref> sobre a cuantización do problema dos [[Valor propio, vector propio e espazo propio|vectores propios]]. Xunto a outra serie de artigos sentou a base da [[mecánica cuántica]] ondulatoria moderna e nos cales transcribiu en [[Derivada parcial|derivadas parciais]] a súa celebre [[ecuación diferencial]], que relaciona a enerxía asociada a unha [[partícula subatómica|partícula]] microscópica coa [[función]] de onda descrita por dita partícula. Deduciu este resultado tras adoptar a hipótese de De Broglie, enunciada no ano [[1924]], segundo a cal a materia e en especial as partículas microscópicas son de natureza dual e se comportan ao mesmo tempo coma onda e coma corpo. A [[ecuación de Schrödinger]] ten coma resultado funcións de onda relacionadas coa probabilidade de que se dea un determinado suceso físico, coma a posición específica dun [[electrón]] na súa órbita arredor do [[Núcleo atómico|núcleo]]. A notoriedade que xerou a súa innovadora obra fixo que Schrödinger chegase a ser un dos principais candidatos ao prestixioso cargo de catedrático de física teórica na [[Universidade Humboldt de Berlín]], que quedara vacante despois da dimisión de [[Max Planck]]. Despois do rexeitamento de [[Arnold Sommerfeld]] e de superar dúbidas sobre se valía a pena abandonar Zürich, Schrödinger aceptou a oferta e comezou a traballar no seu novo cargo en outubro de 1927.
[[Ficheiro:Solvay conference 1927.jpg|miniatura|esquerda|Quinta [[Conferencia Solvay]] (1927). Erwin Schrödinger está no medio da fila superior.]]
En [[Berlín]], o físico austríaco atopou amigos e aliados que compartían a súa visión conservadora da mecánica cuántica e non recoñecían a interpretación de [[Copenhaguen]], incluídos o propio Max Planck, [[Albert Einstein]] e [[Max von Laue]]. Na universidade, Schrödinger deu clases de varias disciplinas da física, encargouse de seminarios e moderou coloquios de física, mais en xeral non atraía moita atención, o que resultaba evidente polos poucos estudantes que tiña. En palabras de [[Victor Weisskopf]], que traballou durante un tempo como asistente de Schrödinger, Erwin "facía o papel de forasteiro na universidade".<ref name="ref5">{{cita libro|nome= D.|apelidos=Hoffman |título= Erwin Schrödinger |páxinas=51—59 |lingua=en}}</ref>