Partido Sindicalista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Confederación Nacional do Traballo
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Liña 7:
O Partido Sindicalista tiña a maioría dos seus militantes en [[Cataluña]], [[Madrid]], [[Andalucía]], [[Aragón]] e [[Comunidade Valenciana|Valencia]]. Nas eleccións de [[1936]] obtivo dous [[deputado]]s no seo da [[Fronte Popular (España)|Fronte popular]]. Ao inicio da [[guerra civil]], momento no que contaba uns 30.000 militantes, o partido organizou as súas propias milicias. Pero logo da renuncia de Pestaña por motivos de saúde a fins de 1936 o partido case deixou de actuar.
 
=== O Partido Sindicalista en Galicia ===
Malia contar xa con figuras illadas dende o comezo da súa andaina, a acción do Partido Sindicalista en [[Galiza]] naceu oficialmente a comezos de [[1934]] coa constitución da agrupación local da [[A Coruña|Coruña]] que editou o periódico ''[[Trabajo (A Coruña)|Trabajo]]''. Entre os seus membros estaban [[Manuel Fernández Fernández (A Coruña)|Manuel Fernández]], [[Silvio Santiago]] e [[Leandro Carré Brandariz]]. Pero a organización máis influente era a de [[Santiago de Compostela]], dirixida por [[Marcial Villamor]], e que controlaba a maioría da CNT local.
 
O Partido Sindicalista integrouse na [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], malia non conseguir meter ningún candidato nas listas da coalición en Galiza. O Partido Sindicalista, contrariamente á maioría do [[anarquismo]] galego, indiferente ou contrario ao [[Autonomismo territorial|autonomismo]], fixo campaña a prol do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía]] de [[1936]].
 
<!--Categorías ocultas-->
 
{{Control de autoridades}}