Caquexia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Estado de [[desnutrición]] extremo, característico de certas enfermidades en fase terminal. <ref>https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/caquexia</ref> Estado patolóxico que resulta do consumo inadecuado dun ou máis nutrientes esenciais e que se manifesta ou descobre clinicamente ou por probas bioquímicas, de laboratorio ou antropométricas.<ref name=":1">{{Cita web|url=https://www.fesemi.org/informacion-pacientes/conozca-mejor-su-enfermedad/caquexia|páxina-web=Sociedad Española de Medicina Interna|título=Caquexia|data-acceso=27/09/2021}}</ref>Trátase dun síndrome asociado a moitas enfermidades, do que non constou unha definición precisa ata 2006 e que fixo que durante moitos anos o seu [[Diagnóstico médico|diagnóstico]] e tratamento sufriran un retraso <ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Milke García|nome=Pilar|data=2010|título=Síndrome de anorexia-caquexia|revista=Revista de Gastroenterología de México|volume=75|páxinas=205-207|número=S2}}</ref>. Actualmente, a definición de caquexia é "un síndrome metabólico complexo asociado a unha [[Doenza|enfermidade]] subxacente caracterizada pola perda de músculo con ou sen masa graxa. A súa característica prominente é a perda de peso en adultos (correxido pola [[retención de líquidos]]) ou a falta de crecemento nos nenos (excluíndo causas endócrinas). Esta enfermidade de desgaste normalmente asóciase a [[anorexia]], [[Inflamación|inflamación,]] resistencia á [[insulina]] e aumento na degradación de proteínas musculares. O desgaste é diferente do ocurrido pola [[inanición]], [[sarcopenia]] (perda de masa muscular asociada á idade), [[lipoatrofia]] (perda de graxa subcutánea secuandaria a algúns [[antirretrovirales]]) así como do producido por depresión primaria, [[malabsorción]], [[hipertiroidismo]], e asóciase co aumento da [[morbilidade]]".<ref name=":0" />
 
== Síntomas ==
Liña 5:
== Diagnóstico ==
A caquexia diagnostícase cando existe unha perda de peso de polo menos un 5% do peso durante os 12 meses previos ou ben cando o índice de masa corporal (IMC) é menor a 20 kg/m2, ademais da presenza de máis de tres das cinco seguintes características: diminución da forza muscular, [[fatiga]], [[anorexia]], baixo índice de masa libre de graxa, alteracións bioquímicas (aumento de marcadores inflamatorios, [[anemia]], hipoalbuminemia).<ref name=":0" />
 
== Prognóstico ==
En casos de desnutrición extrema pode requerirse hospitalización nunha unidade de trastornos alimentarios. Será sempre importante tratar se a causa é algunha enfermidade que poda correxirse. Ás veces a axuda dun psicólogo ou psiquiatra tamén é moi beneficiosa. <ref name=":1" />
 
Se se consegue dunha alimentación correcta, pódese saír do estado de desnutrición, pero é preciso esforzo, coñecemento, axuda e sobre todo vontade de parte do enfermo. <ref name=":1" />
 
== Notas ==