SpaceShipTwo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2021 ás 22:58

SpaceShipTwo é un avión espacial suborbital deseñado pola compañía Scaled Composites derivado do SpaceShipOne.[1][2]

Unha SpaceShipTwo colgando no medio do White Knight 2.

Características

A SpaceShipTwo, derivad da SpaceShipOne e propiedade de Virgin Galactic, lánzase desde a aeronave White Knight 2 e propulsábase mediante un foguete con motor híbrido. Na cabina presurizada hai espazo para dous pilotos e seis pasaxeiros. A nave está deseñada para facer voos turísticos suborbitais ata o límite onde comeza o espazo. Para a reentrada as súas alas inclínanse cara arriba para estabilizar a nave e reentrar coa parte inferior da nave por diante. Para a aterraxe as alas volven á configuración inicial, como nunha aeronave convencional. Construíronse dúas SpaceShipTwo: a VSS Enterprise (destruída durante un voo) e a VSS Unity. Esta última levou a cabo o primeiro voo comercial de Virgin Galactic o 11 de xullo de 2021.[1][2]

Historial de lanzamentos

Voo Data Resultado Notas
1 29 de abril de 2013 Éxito VSS Enterprise. Altura de 16,8 km, velocidade de 1,2 Mach.
2 5 de setembro de 2013 Éxito VSS Enterprise. Altura de 21,0 km, velocidade de 1,43 Mach.
3 10 de xaneiro de 2014 Éxito VSS Enterprise. Altura de 21,6 km, velocidade de 1,4 Mach.
4 31 de outubro de 2014 Fallo VSS Enterprise. O mecanismo de inclinación das alas púxose en marcha durante o voo propulsado, destruindo a aeronave e causando a morte dun dos pilotos e graves feridas ao outro.
5 5 de abril de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 25,7 km, velocidade de 1,87 Mach.
6 29 de maio de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 34,9 km, velocidade de 1,9 Mach.
7 26 de xullo de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 52,0 km, velocidade de 2,47 Mach.
8 13 de decembro de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 82,0 km, velocidade de 3 Mach.
9 22 de febreiro de 2019 Éxito VSS Unity. Altura de 89,9 km, velocidade de 3 Mach.
10 12 de decembro de 2020 Fallo Voo abortado por problemas co motor. A nave regresou planeando.
11 22 de maio de 2021 Éxito VSS Unity. Altura de 89,2 km.
12 11 de xullo de 2021 Éxito VSS Unity. Primeiro voo comercial.

Notas

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "SpaceShip Two" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SpaceShipTwo (SS2)" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos