SpaceShipOne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2021 ás 12:20

SpaceShipOne foi un avión espacial suborbital deseñado pola compañía Scaled Composites, propiedade de Burt Rutan, para gañar o premio X de Ansari.[1][2]

A SpaceShipOne en terra.

Características

Considerada unha nave experimental, a SpaceShipOne lanzábase desde a aeronave White Knight e propulsábase mediante un foguete con motor híbrido desenvolvido por SpaceDev alimentado por óxido nitroso e HTBD. Na cabina presurizada había espazo para tres tripulantes e a nave podía chegar aos 100 km de altura. Para a reentrada as súas alas inclinábanse cara arriba para estabilizar a nave e reentrar coa parte inferior da nave por diante. Para a aterraxe as alas volvían á configuración inicial, como nunha aeronave convencional.[1][2]

A finalidade da nave era abrir o camiño ao turismo espacial con voos suborbitais, ainda que ela mesma nunca transportou turistas e tódolos voos adicáronse a probar os sistema da nave e novas técnicas. O primeiro voo, sen propulsión, tivo lugar o 8 de agosto de 2003. A nave chegou ao límite do espazo, a 100 km de altura, por primeira vez o 21 de xuño de 2004, co piloto Mike Melvill aos mandos, convertindo á SpaceShipOne no primeiro voo suborbital privado en chegar a esa altura. A nave gañou o Premio X ao facer un voo 29 de setembro de 2004 seguido doutro o 4 de outubro, dentro das dúas semanas estipuladas nas condicións para conseguir o premio. En total a nave voou con propulsión seis veces, todas lanzada desde o espazoporto de Mojave, en California. Sucedeuna a SpaceShipTwo, propiedade de Virgin Galaxy, para comezar os voos espaciais suborbitais comerciais.[1][2]

Historial de lanzamentos

Voo Data Resultado Notas
1 17 de decembro de 2003 Éxito Altura de 20,7 km, velocidade de 1,2 Mach.
2 8 de abril de 2004 Éxito Altura de 32,0 km, velocidade de 1,6 Mach.
3 13 de maio de 2004 Éxito Altura de 64,4 km, velocidade de 2,5 Mach.
4 21 de xuño de 2004 Éxito Altura de 100,1 km, velocidade de 2,9 Mach.
5 29 de setembro de 2004 Éxito Altura de 102,9 km, velocidade de 2,9 Mach.
6 4 de outubro de 2004 Éxito Altura de 111,9 km, velocidade de 3,1 Mach.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "SpaceShip One" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SpaceShipOne (SS1)" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos