Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Aña 1: quito ligazón sen relevancia
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Aña 3: quito ligazón sen relevancia
Liña 27:
 
=== Aña 3 ===
Dedicado á familia das [[''Xulianas, as|Xulianas]]'', poxadoras de peixe na lonxa de Bueu. Son catro figuras principais: [[Xuliana Conde González]], iniciadora da estirpe, procedente de [[Marín]] e afincada en Bueu na década de 1860; [[Concepción López Conde]], única filla da anterior e continuadora do labor familiar; [[María Amada Dopazo López]], quinta filla de Concepción; e [[Luísa Agulla Dopazo]], sobriña de María e neta de Concepción, derradeira poxadora. A estas mulleres haberíalles que sumar a figura de [[Manuela Dopazo López]] e a súa filla [[Lela Dopazo López]], irmás de María e Luísa respectivamente, que realizaron os labores domésticos mentres as outras traballaban para gañar un soldo. O único recoñecemento recibido até o momento foi unha entrevista a Luísa no número 4 de ''Ardentía''<ref>{{Cita web|título=As <i>Xulianas</i> de Bueu: unha saga de subhastadoras de peixe|url=https://culturmar.org/publicacion/ardentia-4/|páxina-web=<i>Ardentia</i>, 4, p. 36-38|data-acceso=2021-02-14|lingua=gl-ES|apelidos=Varela|nome=Lola (2007)}}</ref>.
 
Este número, publicado en 2021, conta con vinte e unha colaboracións: un debuxo das homenaxeadas realizado por Paula Dacal (artista gráfica luguesa), "Dúas anécdotas de Siña Conseusión" de Luísa Agulla Dopazo e Lela Dopazo López, unha colaxe mariñeira de Frachi Gómez Regenjo, "O léxico da contabilidade na pesca, recollido por Xaquín Lorenzo, Xocas" de Ana Castiñeira Rial, "Relato de vida dunha Xuliana" de Fita Dopazo López, "Análise da roupa interior" de Nereida Prada Piñeiro, "Recomendacións lectoras" de Patriza Portopaderne (libraría [[Lila de Lilith]]), "Mulleres de sal" de Lidia Fernández Pastoriza, "Ángeles Alvariño, oceanógrafa" de Cielo Fernández Caballero, "As mulleres e o traballo do mar en terra" de Covadonga López de Prado Nistal, "''La'' mar ou ''el'' mar" de Casandra Artacho Rodríguez, "Se o mar tivera varandas" de Xavi Castaña, "O baile no Bierzo" de Dennis Álvarez Guerrero, "Desde a memoria que nos une" de Paula Dios Moledo, "Moito miras para min-e" de Xiana Sar Rañó, "Até ser ouvida" de José Manuel Dopazo Entenza, "Salitre ambiótico" de Nico Martínez Otero, "Merseditas" de Alejandra Picón Romero, "A avoa Mela gardaba un segredo" de Vanesa Santiago, "A culpa é das sereas" de [[Alba Rozas Arceo]] e "Samartinho guisado" de Fernando Trigo Chousinho.