Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Aña 1: quito ligazón externa, wikificar
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Aña 2: quito ligazón interna sen relevancia
Liña 22:
 
=== Aña 2 ===
Dedicado á figura de [[Consuelo Davila Álvarez|''Curucha]]'', mestra de educación infantil e profesora de Lingua Galega e Literatura. Naceu en [[Beluso, Bueu|Beluso]], estudou maxisterio en Pontevedra e comezou a exercer en [[Oia]]. Na década de 1960 trasladárona ao [[O Hío, Cangas|Hío]] (Cangas), onde exerceu durante máis de dez anos. Nos anos 80 volveu á súa vila natal e continuou coa profesión no colexio Montemogos de [[Beluso, Bueu|Beluso]]. En 1995 pediu entrar no ensino secundario, rematando a súa traxectoria laboral no IES Johan Carballeira de Bueu.
 
Este número, publicado en 2020, conta con dezaseis colaboracións: "Curucha: mestra, muller" de Nico Martínez Otero, un debuxo da homenaxeada realizado por Víctor Gallego Fernández (artista bueués), "Cantares de María do Caño" de Alba Juncal Otero, "Relatos das escolas de Bueu" de Josefa García Nantes, "Volta ao dogma educacional" de José Manuel Dopazo Entenza, "Para a liberdade" de Daniel Chapela, "A escola en Bueu a inicios dos 2000" de Laura Ferradanes Parada, "Recomendacións lectoras" de Patriza Portopaderne (libraría [[Lila de Lilith]]) e de Fernando Miranda Estévez (libraría Miranda), "21 días co galego e +: un proxecto de aulas que medra e sae ás rúas" de Lidia Fernández Pastoriza, "A escola na [[Comarca de Baixa Limia|Baixa Limia]] nos anos 60-70" de Alicia Rodríguez Domínguez, "Relatos das escolas de Bueu" de Manuela Dopazo López, "O estudo do galego en Cáceres" de Guillermo Vidal Fonseca, "Só se pode ser inxenuo" de [[Carlos Callón|Carlos Manuel Callón Torres]], "Receita de nabicol rechea" de Fernando Trigo Chousinho e "Relatos das escolas de Bueu" de María Pérez Patiño.