Coirós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «Xaneiro»
Liña 118:
 
=== Idade Contemporánea ===
A raíz do Real Decreto de 23-07-1835, considerárase inicialmente a creación dun extenso municipio chamado Muniferral que incluía o territorio de Coirós e de Aranga<ref name=":0">{{Cita libro|título=Toponimia municipal. Os nomes dos concellos da provincia da Coruña|apelidos=Navaza|nome=Gonzalo|editorial=Real Academia Galega - Seminario de Onomástica|ano=2021|ISBN=978-84-17807-09-2|páxina=38}}</ref>.
 
No ano [[1836]] algunha das doce parroquias do concello de [[Muniferral, Aranga|Muniferral]] pasou a formar parte do novo municipio de Coirós. Posteriormente, no ano [[1842]] pretendeuse que este concello se integrase no de Betanzos pero esta pretensión non saíu adiante. Ademais no lugar de [[Flores, Santa María de Ois, Coirós|Flores]], na parroquia de Santa María de Ois, descubriuse no ano [[1915]] un torque de ouro que hoxe en día exhíbese no Museo Arqueolóxico e Histórico do [[Castelo de Santo Antón|castelo de San Antón]], na cidade da Coruña. Perdura a crenza de que no monte Felgar radicaba o "castrum Leaccium", máis inda non apareceu ningunha mostra que así certifique a súa presenza<ref name=":1" />.
 
== Cultura ==
===Topónimo===
''Coirós'' é un topónimo prerromano, que xorde antes do [[século III]], e que se refire á pedra ou a un alto rochoso.<ref name="SanchezPardo2008">{{Cita publicación periódica | autor1 = Sánchez Pardo, JC. | autor2 = Andrade Cernadas, JM (Dirección)| ano = 2008 | título = Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese) | editorial = Universidade de Santiago de Compostela | páxinas = 1051| url = http://hdl.handle.net/10347/2451}}</ref> ou covas ou depresións no terreo<ref name=":0" />. O nome é compatible coa latinización Carolio, Corioli, como aparece no testemuño ''"per collem Corioli et per bibitorium de Aranga",'' ou Curiolos<ref>{{Cita web|url=http://arqueotoponimia.blogspot.com/2014/01/a-espenuca-brigantia.html|páxina-web=Arqueotoponimia|título=A Espenuca: Brigantia|data-acceso=07/03/2021|apelidos=González de la Peña|nome=Dolores|data=25/01/2014}}</ref>. En referencias anteriores, a parroquia é mencionada só coa advocación:in valle Nemitus [...] villa vocabulo Armenia [Armea] et sancto Iuliano[Coirós], 978. Tamén se documenta antes do ano 1000 o topónimo que dá nome ás parroquias de Santa María e Santiago de Ois coa forma Adones, ano 910. Téñense proposto diferentes hipóteses etimolóxicas para explicalos; a máis aceptada considéraos formados a partir dunha raíz indoeuropea *keu- ‘concavidade’.
 
===Patrimonio===