Abraham Lloriente Sánchez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Ferroviario asentado en [[Vigo]], na República foi elixido vogal da sección xuvenil da agrupación local do [[Partido Republicano Radical Socialista]] que presidía José Acuña, en 1933.<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 16-4-1933, p. 4. </ref> Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] fuxiu ao monte.<ref>Requisitoria en ''El Pueblo Gallego'', 10-9-1936, p. 4.</ref> Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con [[Roberto Oya Alonso]], [[Álvaro Ballesteros Estévez]], [[Guillermo Santos Caride]], [[Eugenio González Fernández]], [[Fermín Pais Alonso]] e outros veciños de Lavadores fuxidos,<ref>''El Pueblo Gallego'', 18-6-1937, p. 2.</ref> foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo de [[José García Morales]] e [[Ramón Pereira Antelo]] cos que participou nalgunhas accións dende 1942. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de [[Petelos, Mos|Petelos]] Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a [[Manuel González Fresco]]), con [[José García Morales]], [[Ramón Pereira Antelo]], [[Manuel Simón Campos]] e [[José Luís Quintas Figueroa]].<ref>Requisitoria, ''El Pueblo Gallego'', 17-4-1943, p. 2.</ref> Morreu asasinado en [[Xinzo, Ponteareas|Xinzo]] o 15 de novembro de 1943.
 
== Notas ==
{{Listaref|02}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)|nome= Francisco Xavier|apelidos= Redondo Abal|ligazónautor= |ano= 2006|editorial= Do Castro|lugar= Sada|isbn= 84-8485-231-8|páxina=92 |url=}}
 
Liña 19:
[[Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia]]
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
 
[[Categoría:Nados en Madrid]]
 
[[Categoría:Finados en 1943]]