Manuel Simón Campos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 5:
Foi repartidor de peixe no peirao do [[O Berbés|Berbés]] e militante do [[PCE]]. Mobilizado en 1936, desertou para estar coa súa muller e o seu fillo recén nacido, e permaneceu agochado. En 1938 integrouse no grupo de [[Rogelio García Morales]] ''O Maletas''. En [[1939]] presentouse ao chamamento do [[Gobernador civil de Pontevedra]] [[Manuel Gómez Cantos]], que prometeu unha amnistía, e pola súa condición de desertor foi obrigado a repetir o tempo do servizo militar. Destinado a un Rexemento con gornición en Zaragoza, aproveitando un permiso fuxiu de forma definitiva a mediados de 1941.
 
En [[1943]] contactou co PCE que pretendía organizar a guerrilla no sur da [[provincia de Pontevedra]]. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de [[Petelos, creandoMos|Petelos]] Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a [[Manuel González Fresco]]), con [[José García Morales]], [[Ramón Pereira Antelo]], [[José Luís Quintas Figueroa]] e [[Abraham Lloriente Sánchez]].<ref>Requisitoria, ''El Pueblo Gallego'', 17-4-1943, p. 2.</ref> En 1946 creou o [[destacamento Paco Barreiro]] integrado na V Agrupación do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]] con [[Avelino Otero Montes]] como lugartenente. No grupo integráronse os fuxidos pola represión policial [[Basilio Calvar Solla]], [[Agustín Álvarez Araujo]] e [[Claudio Rodríguez Vázquez]]. Foi acusado co seu lugartenente Avelino Otero da morte do falanxista de Cabral [[Eusebio Lago Campos]] acontecida o 30 de xaneiro de 1947.<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 9-4-1947, p. 4.</ref> Morreu o [[21 de maio]] de 1947 nun enfrontamento coa Garda civil preto de Lavadores. Con el faleceu Avelino Otero Montes.
 
== Notas ==