Arte da Roma antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}}
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 5:
A '''arte da Roma antiga''' ou '''arte romana''' foi unha das manifestacións máis importantes da cultura de [[Imperio Romano|Roma]], e é unha das máis ricas fontes de estudo para a comprensión do [[Roma Antiga|mundo romano]] como un todo. Os romanos derivaron a súa arte orixinalmente dos [[pobos itálicos]] que habitaban na súa contorna. Entre eles destacáronse os [[etruscos]], que no período da monarquía dominaron os romanos política e culturalmente. No entanto, a cultura etrusca baseárase moito na [[Arte grega|grega]], transmitíndose aos romanos esta influencia precoz. Axiña, no seu proceso de expansión territorial, os romanos entrarían en contacto directo con [[Magna Grecia|colonias gregas no sur de Italia]], e despois coa Grecia mesma, iniciando un longo período de absorción intensa das súas referencias culturais, que se tornaron no fundamento de toda a cultura romana, expresándose nunha variedade de eidos artísticos, como a literatura, a pintura, a [[Escultura da Roma Antiga|escultura]], a música, as artes decorativas e a arquitectura.
 
No entanto, aínda que os romanos sempre se orgulleceron de seren herdeiros culturais dos gregos, foron capaces de introducir lecturas innovadoras na herdanza recibida e adicionar elementos novos da súa preferencia especial, creando unha identidade propia e contribuíndo orixinalmente en varios aspectos. Por exemplo a invención do [[arco de volta perfecta]] e da [[cúpula]] na arquitectura, o desenvolvemento da [[Perspectiva (gráfica)|perspectiva]] na pintura, a formulación dun xeito narrativo tipicamente romano na escultura, apreciándose especialmente na retratística, o desenvolvemento da [[retórica]] na literatura e na [[oratoria]] política, o gusto por temas cívicos e do cotiácotián, polo [[historicismo]] e polo [[ecletismo]] estético.
 
En relación ao seu imperio, a arte creada na capital, Roma, foi sempre o modelo, mais del xurdiron infinitas ramificacións e variaións. A súa civilización influenciou unha vasta área e durou máis de mil anos, e neste campo inmenso en perpetua transformación, englobando pobos e culturas extremamente diferenciados, formáronse ás veces escolas bastante individualizadas, que evoluíron preservando parte da súas linguaxes orixinais. Malia observarmos diverxencias ao longo dos anos e nas varias provincias, Roma conseguiu impor, aos seus territorios máis distantes, os seus principios culturais e artísticos e os seus sentidos máis esenciais, que funcionaron coma unha especie de [[lingua franca]] para a comunicación e o entendemento mutuo entre contextos tan dispares, e que ao mesmo tempo sinalaban para eses diversos pobos o que significaba ser romano e daban a dirección a ser seguida.