Arturo Baltar: Diferenzas entre revisións

escultor galego
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Arturo Baltar Santos''' nace en Castro de Noalla (Ourense) en 1924. Este escultor nunca quixo outro material que o barro, co que logrou un mundo propio de intimid...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 18:46

Arturo Baltar Santos nace en Castro de Noalla (Ourense) en 1924. Este escultor nunca quixo outro material que o barro, co que logrou un mundo propio de intimidade e tenrura a partir do entrañable Románico do país.

Arturo Baltar nunca tivo mestres, aínda que en realidade tívoos múltiples, e anónimos, nas arquivoltas dos templos medievais, nos capiteis desas mesmas igrexas, nos cruceiros e petos de ánimas dos camiños galaicos. No seu propio mundo interior, sobre todo.

Comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de "panxoliñas", son o seu mundo, cheo de tenrura, de espírito franciscano, dunha deliberada humildade que é a súa mesma persoa.

A súa escenografía policromada, en Belenes, boticas, tabernas, altares, constitúe mostra permanente na capital da súa provincia natal, e percorreu moito mundo. Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares. Bástanlle os dedos das súas mans como ferramentas de traballo.

Bibliografía

  • Trabazo, Luís:Pedra, barro, bronce. Ourense, Inst. de Estudos Ourensáns, 1978.
  • Pablos, Francisco:Plástica Galega. Vigo, Caixavigo, 1981.
  • Pablos, Francisco:Catálogo Exposición antolóxica. Vigo, 1992.

Ligazóns externas

Obras do autor pertencentes á Colección Caixanova