Jesús Lago González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Logo do [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] fuxiu ao monte. Dirixiu dun grupo dunha ducia de guerrilleiros que actuaron na contorna de [[Cabral, Vigo|Cabral]] e [[Navia, Vigo|Navia]] até 1939. O grupo estaba formado por [[Enrique Cameselle García]], [[José Almeida Otero]], [[Antonio Rodríguez Posada]], [[Luciano Janeiro Valente]], [[Vicente Guillén Viel]] e [[Manuel Rodríguez Fernández]]. Foron acusado polas autoridades de estar detrás da morte de Amelia Alonso, propietaria dunha granxa en Cabral, e José Navas, que veu no seu socorro, a principios de [[1939]]. Vicente Guillén e Manuel Rodríguez moreron nun enfrontamento coas forzas policiais en 1939. Uniuse ao grupo de [[José García Morales|José]] e [[Rogelio García Morales]], os ''Maletas''. O 15 de outubro de 1939, o grupo foi rodeado pola [[Garda Civil]] en [[Vilar de Infesta, Redondela|Vilar de Infesta]] ([[Redondela]]) e Jesús foi o autor do tiro accidental que feriu gravemente ao seu compañeiro Rogelio García, pero conseguiu escapar. Denunciado por tres dos seus excompañeiros, foi capturado o 21 de setembro de [[1940]]. As autoridades acusárono dunha morte en 1936, varios atracos nos anos posteriores e da morte da propietaria da granxa en Cabral e do seu veciño veciño. Foi xulgado en consello de guerra e condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Puxeiros con Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, José Almeida Otero e Enrique Cameselle García, o 24 de outubro de 1940.<ref>''El Pueblo Gallego'', 25-10-1940, p. 2.</ref> Outro dos condenados, [[Juan Manuel Rodríguez Fernández]], logrou fuxir no momento de iniciarse a execución.
 
== Vida persoal ==
Casou con Amparo Alonso.