Mal de ollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «la»
Liña 5:
[[Xosé Ramón Mariño Ferro]] atribúe dúas funcións sociais na crenza popular da existencia do mal de ollo: por unha banda serve para explicar feitos casuais para os que non se ten unha explicación lóxica. Unha [[enfermidade]], un animal que morre, un accidente calquera atopan así unha causa, e deste xeito néganse os feitos inexplicables.
 
Por outra banda, pode servir para controla -la envexa dos veciños, ou canto menos a súa manifestación externa, canto que ninguén quere ser acusado de bota-lo mal de ollo, polo que evitan exteriorizar ese sentimento.
 
Cómpre diferencialo do '''meigallo''', aínda que ámbolos fenómenos presenten elementos comúns. O meigallo, feitizo ou meigueiría é a obra dunha [[meiga]], que se introduce no corpo dunha persoa á que pode causar doenzas diversas e, sobre todo, comportamentos anormais e actitudes de rexeitamento ante a [[relixión]] ou os seus representantes.