Diferenzas entre revisións de «Heroe do Traballo Socialista»

sen resumo de edición
(Arranxos)
Sem resumo de edição
 
[[Ficheiro:HeroOfSocialistLabour.jpg|miniatura|Medalla.]]
'''Heroe do Traballo Socialista''' (en [[lingua rusa|ruso]] ''Герой Социалистического Труда'', transliterado como ''Geroi Sotsialisticheskogo Truda'') era un título honorífico na [[Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas]], a máxima distinción para progresos excepcionais na [[cultura]] e [[economía]] do país. Creado o [[27 de decembro]] de [[1938]] por decreto do [[PresidiumPresídium do Soviet Supremo da Unión Soviética|Presídium]] do [[Soviet Supremo da Unión Soviética|Soviet Supremo]], era entregado polo mesmo PresidiumPresídium a quen tivera contribuído ó desenvolvemento da [[industria]], [[agricultura]], [[transporte]], [[tecnoloxía]] e [[comercio]] soviéticos, potenciando así o poderío e a gloria da Unión. Só o PresidiumPresídium podía retirarlle o título a alguén.
 
Aos heroes do traballo socialista éralles outorgada a [[Orde de Lenin]], unha das máis altas condecoracións outorgadas pola Unión Soviética, así como un diploma do PresidiumPresídium do Soviet Supremo. Co obxecto de distinguir especialmente os portadores da distinción, o Presidium introduciu a [[medalla de ouro]] ''[[Fouce e martelo|Fouce e Martelo]]'' o [[22 de maio]] de [[1940]]. Pasouse a entregar entón a medalla xunto coa Orde de Lenin e o diploma correspondente. A medalla sempre se leva sen cinta, ó igual que a medalla ó [[Heroe da Unión Soviética]].
 
Se un heroe do traballo socialista volvía a ser merecedor da distinción, outorgábaselle unha segunda medalla ''Fouce e Martelo''. Adicionalmente, construíase na cidade natal do dobre heroe unha escultura do seu busto en [[bronce]] para celebrar a ocasión. Para o [[1 de setembro]] de [[1971]], 16 245 persoas foran premiadas co título de Heroe do Traballo Socialista. Á súa vez, 105 persoas recibiran dúas ou máis medallas ''Fouce e Martelo''.
31.096

edicións