Armin Laschet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m ligazóns internas
Liña 8:
Elixido en 2012 presidente da Unión Demócrata Cristiá de Renania do Norte-Westfalia logou unha vitoria inesperada nas eleccións rexionais de 2017. Grazas a isto foi investido ministro-presidente de Renania do Norte-Westfalia.
 
En xaneiro de 2021 foi electo presidente federal da CDU, sendo escollido tres meses despois como o candidato CDU / CSU á chancelería para as eleccións federais de setembro de 2021.
 
== Traxectoria ==
 
=== Mocidade ===
A familia de Armin Laschet é orixinaria de [[Valonia]] [[Bélxica|(Bélxica]]) e de relixión [[Catolicismo|católica]]. O seu avó Hubert Laschet (1899-1984), nado de Haine-Saint-Pierre,<ref>{{Cita web|título=La famille d’Armin Laschet, probable futur chancelier d’Allemagne, est originaire... de Haine-St-Pierre|url=https://www.sudinfo.be/id310778/article/2021-01-16/la-famille-darmin-laschet-probable-futur-chancelier-dallemagne-est-originaire-de|páxina-web=sudinfo.be|data=2021-01-16|data-acceso=2021-09-18|lingua=fr}}</ref> actualmente na cidade de [[La Louvière]] ( [[provincia de Hainaut]]), mudouse cara a 1920 a [[Aquisgrán]] logo de morar en [[Hergenrath]] (actual [[provincia de Liexa]] ), unha aldea próxima a Aquisgrán pero que fora anexionada a Bélxica en aplicación do [[Tratado de Versalles]].<ref>{{Cita web|título=Armin Laschet, nieuwe Duitse CDU-leider, heeft Belgische roots: “Hij heeft nog altijd een nauwe band met ons land”|url=https://www.nieuwsblad.be/cnt/dmf20210116_96475950|páxina-web=www.nieuwsblad.be|data-acceso=2021-09-18|lingua=nl-BE}}</ref> Alí casou con Hubertina Wetzels (1900-1979), nada en Aquisgrán, pero cuxos pais procedían de [[Welkenraedt]], un [[Comunidade Xermanófona de Bélxica|municipio de fala alemá]] da provincia de Liexa en Bélxica.<ref>Bernhard Willems, "Die früheren Grundherren des Bereiches von Eupen", Ostbelgische Chronik, Band. 2, 1949</ref>
 
A súa nai, nada Marcella Frings (1933-2013), era ama de casa,<ref>{{Cita web|título=Marcella Laschet, gestorben am 28.04.2013 (Traueranzeige/Todesanzeige auf Doolia.de)|url=http://www.doolia.de/anzeigen/detail.php?A=3364778c250be5ca2d836f87442cf216.2013|páxina-web=Doolia.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de|apelidos=Doolia}}</ref> e o seu pai Heinrich ou Heinz Laschet (nacido en 1934) foi un capataz de minas en Alsdorf, logo director dunha escola primaria.
 
Armin Laschet uniuse á CDU con 18 anos, en 1979. Dous anos despois aprobou con éxito o [[bacharelato]] en Aquisgrán. Logo matriculouse na [[Universidade Ludwig-Maximilians de Múnic]] para estudar [[dereito]]. Continuou os seus estudos na [[Universidade de Bonn]].<ref>{{Cita web|título=Armin Laschet: CDU-Aufstieg, Frau Susanne und Vermögen|url=https://praxistipps.focus.de/armin-laschet-cdu-aufstieg-frau-susanne-und-vermoegen_120984|páxina-web=praxistipps.focus.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref>
 
En 1985, casou con Susanne Malangré, amiga dende que coincidiran durante a infancia no coro parroquial, e membro dunha relevante familia da [[burguesía]] industrial de Aquisgrán, tamén de orixe valoa.<ref>{{Cita web|título=The wannabe Merkels|url=https://www.politico.eu/article/the-wannabe-angela-merkel-successors-germany-armin-laschet-friedrich-merz-norbert-roettgen/|páxina-web=POLITICO|data=2020-02-25|data-acceso=2021-09-18|lingua=en-US}}</ref><ref>{{Cita novas|título=Der junge Armin Laschet: Gyros statt Glamour|url=https://taz.de/!5786306/|xornal=Die Tageszeitung: taz|data=2021-08-02|data-acceso=2021-09-18|issn=0931-9085|lingua=de|nome=Bernd|apelidos=Müllender}}</ref>
 
En 1986 foi correspondente en [[Bonn]] (entón capital federal) da radio muniquesa Charivari 95.5 e tamén traballou para a canle de televisión bávara BR Fernsehen.<ref>{{Cita web|título=Ehemaliger Charivari-Korrespondent Armin Laschet gewinnt NRW Wahl|url=https://www.charivari.de/muenchen/aktuell/armin-laschet-charivari-korrespondent/6240735|páxina-web=www.charivari.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de-DE}}</ref> Aínda que en 1987 superou o primeiro exame para ser [[Avogado, avogada|avogado]], non superou o segundo, continuando profesionalmente no exercicio do xornalismo.<ref>{{Cita web|título=Armin Laschet: CDU-Aufstieg, Frau Susanne und Vermögen|url=https://praxistipps.focus.de/armin-laschet-cdu-aufstieg-frau-susanne-und-vermoegen_120984|páxina-web=praxistipps.focus.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref><ref>{{Cita web|título=Armin Laschet im Porträt: Katholisch, liberal, rheinisch|url=https://www.br.de/nachrichten/deutschland-welt/armin-laschet-kanzlerkandidat-der-union-im-portraet,SO38haK|páxina-web=BR24|data=2021-09-15|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref> Entre 1991 e 1994 foi nomeado redactor xefe do diario católico, ''KirchenZeitung Aachen'' e, entre 1995 e 1999, director da editorial Einhard Verlag, tamén vencellada á Diocese de Aquisgrán.<ref>{{Cita web|título=Laschet neuer CDU-Chef – Katholik, Jurist, Kirchenzeitungs-Journalist|url=https://www.kirche-und-leben.de/artikel/laschet-neuer-cdu-chef-katholik-jurist-kirchenzeitungs-journalist/print.html|páxina-web=www.kirche-und-leben.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de|nome=Kirche und Leben, Münster|apelidos=Germany}}</ref>
 
=== Inicios na política ===
Compatibilizando co xornalismo, traballa con Rita Süssmuth, presidenta do [[Bundestag]], entre 1987 e 1994. En 1989 gañou o seu primeiro mandato electoral, como concelleiro de Aquisgrán. Con 28 anos anos foi o membro máis novo do corporación municipal.
 
En 1994 foi o candidato nas eleccións federais no distrito Aquisgrán I pola CDU. Resultou escollido co con 46,2% de votos emitidos, por diante da [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|socialdemócrata]] Ulla Schmidt por volta dun 5 300 votos.<ref>{{Cita web|url=https://www.landtag.nrw.de//portal/WWW/dokumentenarchiv/Dokument/XMMMBL9471.pdf|páxina-web=landtag.nrw.de|título=Endgültiges Ergebnis der Wahl zum 13. Deutschen Bundestag am 16. Oktober 1994 im Nordrhein Westfalen|data-acceso=18-09-2021}}</ref> Mantívose no cargo ata 1998, cando non logrou revalidar o posto sendo derrotado pola anterior por máis de 6 500 votos.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20141006093244/https://webshop.it.nrw.de/gratis/B739%20199851.pdf|título=BUNDESTAGSWAHL 1998 Endgültige Ergebnisse in Nordrhein-Westfalen}}</ref>
 
=== Ascenso político ===
Obtivo un escano no [[Parlamento Europeo]] nas eleccións do 13 de xuño de 1999, polo que renunciou ás súas funcións profesionais. Durante o seu primeiro quinquenio en [[Estrasburgo]], foi membro do comité de orzamentos, do de asuntos exteriores así como da delegación parlamentaria [[Unión Europea|UE]]-[[Romanía]] e UE- [[Estonia]].<ref>{{Cita web|url=https://www.europarl.europa.eu/meps/en/4280/ARMIN_LASCHET/history/5|páxina-web=europarl.europa.eu|título=5th parliamentary term: Armin LASCHET}}</ref> Volveu resultar electo en 2004 formando parte do comité de asuntos exteriores e da delegación parlamentaria da UE e as repúblicas do [[Cáucaso]].<ref>{{Cita web|url=https://www.europarl.europa.eu/meps/en/4280/ARMIN_LASCHET/history/6|páxina-web=europarl.europa.eu|título=6th parliamentary term: Armin LASCHET}}</ref>
 
Renuncia á acta de eurodeputado en xuño de 2005 para ser o ministro de Xeracións, Familias, Mulleres e Integración, sendo logo o de Asuntos federais, Europa e Comunicación de Renania do Norte-Westfalia. Deste xeito, con 44 anos forma parte do executivo da coalición entre a CDU e a FDP (liberal[[Partido Liberal Democrático]]) do ministro-presidente demócrata-cristián [[Jürgen Rüttgers]]. Co gallo das eleccións lexislativas rexionais do 9 de maio de 2010, é elixido membro do Landtag, o lexislativo do estado federado. Con todo, nesas eleccións a CDU e o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|SPD]] quedaron nunha situación de empate, non sendo os democristiáns de formar goberno.<ref>{{Cita web|título=Landtag NRW: 15. Wahlperiode 2010 bis 2012|url=https://www.landtag.nrw.de/home/der-landtag/geschichte-des-landtags/ruckblick-auf-wahlperioden-1/15wp.html|páxina-web=www.landtag.nrw.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de|nome=Landtag|apelidos=Nordhrein-Westfalen}}</ref> Ruttgers dimitiu á fronte da CDU do estado federado e aínda que Laschet intentou ser escollido como novo líder, finalmente impúxose Norbert Röttgen, ministro federal de Medio Ambiente.<ref>{{Cita web|título=Deutscher Bundestag - Dr. Norbert Röttgen|url=https://www.bundestag.de/abgeordnete/biografien/R/roettgen_norbert-523000|páxina-web=Deutscher Bundestag|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref>
 
A contundente derrota do partido nas eleccións anticipadas de 2012, cando a CDU perdeu máis dun 8% do voto quedando a case 13 puntos dos socialdemócrtas, provocou a dimisión de Röttgen e Laschet é elixido líder da CDU en Renania do Norte-Westfalia.<ref>{{Cita web|título=Parteitag in Krefeld: NRW-CDU wählt Laschet zum neuen Vorsitzenden|url=https://www.handelsblatt.com/politik/deutschland/parteitag-in-krefeld-nrw-cdu-waehlt-laschet-zum-neuen-vorsitzenden/6818582.html|páxina-web=www.handelsblatt.com|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref> Deste xeito, en decembro de 2021, foi nomeado un dos vicepresidentes federais da Unión Demócrata Cristiá, baixo a presidencia de [[Angela Merkel]].
Liña 38:
 
==== Eleccións lexislativas de 2017 ====
Para as eleccións do 14 maio de 2017, lidera a campaña da CDU contra o ministro-presidente de Renancia do Norte-Westfalia, a socialdemócrata [[Hannelore Kraft]]. Mentres as enquisas anunciaban unha vitoria para o SPD, as intencións de voto trocaron na última semana de campaña. Así, os comicios foron gañados pola CDU co 32,96% dos votos emitidos e 72 deputados dos 199 lodo Landtag, o que significaba 147 500 votos e 1,7% por diante do [[SPD]].<ref>{{Cita web|título=Landtag NRW: 17. Wahlperiode seit 2017|url=https://www.landtag.nrw.de/home/der-landtag/geschichte-des-landtags/ruckblick-auf-wahlperioden-1/17wp.html|páxina-web=www.landtag.nrw.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de|nome=Landtag|apelidos=Nordhrein-Westfalen}}</ref>
 
Un pacto entre a CDU e o FDP lograría 100 deputados, xusto no limiar preciso para a maioría absoluta, polo que apenas cinco días despois das leeccióneleccións, Laschet e Christian Lindner, líder do Partido Liberal Democrático (FDP) iniciaron negociacións. As discusións centraranse principalmente na educación, economía e seguridade pública.<ref>{{Cita web|título=Machtwechsel in NRW: CDU und FDP verhandeln über Koalition|url=https://www.ksta.de/politik/machtwechsel-in-nrw--cdu-und-fdp-verhandeln-ueber-koalition-26932924|páxina-web=Kölner Stadt-Anzeiger|data=2017-05-19|data-acceso=2021-09-18|lingua=de-DE}}</ref> As partes chegaron a un acordo o 13 de xuño, o que lle permitiu a Laschet presentarse á investidura.<ref>{{Cita novas|título=Nordrhein-Westfalen: Schwarz-gelber Koalitionsvertrag steht|url=https://www.faz.net/aktuell/politik/inland/nrw-landtagswahl-koalitionsvertrag-von-cdu-fdp-steht-15060192.html|xornal=FAZ.NET|data-acceso=2021-09-18|issn=0174-4909|lingua=de}}</ref>
 
==== Investidura e goberno ====
0 27 de xuño de 2017, o Landtag de Renania do Norte-Westfalia designou a Armin Laschet como ministro-presidente grazas ao voto favorable de 100 deputados fronte os 80 que votaron en contra.<ref>{{Cita novas|data=27-6-2017|título=Laschet ist neuer Regierungschef in NRW|url=https://www.zeit.de/politik/deutschland/2017-06/nordrhein-westfalen-armin-laschet-ministerpraesident-cdu|data-acceso=18-09-2021|xornal=Die Zeit}}</ref> Como xefe do goberno do Estado forma un executivo integrado por 13 ministros da coaliación "negra-amarela" que o sostiña.<ref>{{Cita web|título=Armin Laschet stellt Kabinett vor: Das sind die Minister der schwarz-gelben Koalition in NRW|url=https://rp-online.de/nrw/landespolitik/das-sind-die-minister-2017-der-schwarz-gelben-koalition-in-nrw_aid-17638161|páxina-web=RP ONLINE|data=2017-06-29|data-acceso=2021-09-18|lingua=de|nome=RP|apelidos=ONLINE}}</ref>
 
Despois de que [[Angela Merkel]] anunciase o 29 de outubro de 2018 que non volería a presentarse á presidencia da CDU, cítase o nome de Laschet entre os seus potenciais sucesores, xunto coa secretario xeral Annegret Kramp-Karrenbauer e o ministro federal de Sanidade, Jens Spahn. <ref>{{Cita web|título=Merkel annonce son retrait de la vie politique pour 2021|url=https://www.lefigaro.fr/international/2018/10/29/01003-20181029ARTFIG00091-en-allemagne-merkel-renonce-a-briguer-sa-succession-a-la-tete-de-la-cdu.php|páxina-web=LEFIGARO|data-acceso=2021-09-18|lingua=fr}}</ref> Con todo, en febreiro de 2020, Annegret Kramp-Karrenbauer, discutida a nivel interno logo dunha serie de derrotas electorais en diferentes estados, anunciou que deixaría a presidencia do partido e a posibilidade de ser a candidata á chancelaría federal.
 
=== Presidente federal da CDU ===
O 16 de xaneiro de 2021, Armin Laschet, que representaba a continuidade coas políticas de Angela Merkel, é elixido presidente da CDU alemá fronte a Friedrich Merz, ex deputado e empresario, representante da á dereita do partido, e Norbert Röttgen, presidente do Comité de Asuntos Exteriores Asuntos do Bundestag.<ref>{{Cita web|título=O centrista Armin Laschet elixido presidente da CDU alemá|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/o-centrista/20210116173207113908.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2021-09-18|lingua=gl|nome=Nós|apelidos=Diario}}</ref><ref>{{Cita web|título=CDU wählt Laschet zum Parteichef|url=https://www.zdf.de/uri/ff72c48f-731c-4c3f-8d5e-69c773940241|páxina-web=www.zdf.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref>
 
Preséntase como un "europeo convencido, fervoroso defensor das políticas de acollida e integración de Angela Merkel", o que lle valeu o alcume "Armin o turco".<ref>{{Cita web|título=Qui est Armin Laschet, candidat de la CDU à la succession d'Angela Merkel ?|url=https://www.lexpress.fr/actualite/monde/europe/qui-est-armin-laschet-le-possible-successeur-de-merkel-elu-a-la-tete-de-la-cdu_2142835.html|páxina-web=LExpress.fr|data=2021-01-16|data-acceso=2021-09-18|lingua=fr}}</ref> Dentro do partido, Laschet foi un dos poucos en apoiala plenamente logo da súa decisión de acoller a centos de miles de migrantes en 2015. Cara ás eleccións federais, Laschet tivo que facer fronte á gran popularidade do ministro-presidente de Baviera e xefe da [[Unión Social Cristiá de Baviera|CSU]], [[Markus Söder]], considerado segundo as enquisas como un mellor candidato á ChancilaríaChancelaría Federal.<ref>{{Cita novas|título=Bavaria head more popular than Merkel in midst of coronavirus crisis|url=https://www.reuters.com/article/us-health-coronavirus-germany-politics-idUSKBN216455|xornal=Reuters|data=2020-03-19|data-acceso=2021-09-18|lingua=en|nome=Reuters|apelidos=Staff}}</ref>
 
Finalmente, o 20 de abril de 2021, foi elixido como o candidato común da CDU / CSU á chancelaría nas eleccións federais do 26 de setembro: durante unha reunión do comité executivo da CDU, recolle 77,5% dos votos emitidos a favor, é dicir, o apoio de 67% de membros do comité tendo en conta as abstencións.<ref>{{Cita web|título=Armin Laschet clinches nomination to run for German chancellor|url=https://www.irishtimes.com/news/world/europe/armin-laschet-clinches-nomination-to-run-for-german-chancellor-1.4542315|páxina-web=The Irish Times|data-acceso=2021-09-18|lingua=en|nome=Derek Scally in|apelidos=Berlin}}</ref>
 
Pretende seguir a continuidade da chanceler Angela Merkel, en particular en cuestións de ortodoxia orzamentaria. Oponse así á introdución dun imposto sobre a riqueza, propón abolir o imposto de solidariedade e reducilo en 30% a 25% de imposto máximo sobre os beneficios das empresas. Tamén se comprometeu á redución da débeda das administracións públicas como unha das prioridades do seu programa económico.<ref>{{Cita novas|título=En Allemagne, Armin Laschet se pose en héritier naturel d’Angela Merkel|url=https://www.lemonde.fr/international/article/2021/06/22/en-allemagne-armin-laschet-se-pose-en-heritier-naturel-d-angela-merkel_6085225_3210.html|xornal=Le Monde.fr|data=2021-06-22|data-acceso=2021-09-18|lingua=fr}}</ref>
 
Se ben ata a primavera de 2021, Os Verdes lideraban as enquisas para as eleccións federais,<ref>{{Cita web|título='Superwahljahr': Alemaña pensa en Verde|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/superwahljahr-alemana-pensa-verde/20210312204033117583.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2021-09-18|lingua=gl|nome=Nós|apelidos=Diario}}</ref> a aposta centrista de Laschet permitiu trocar esta situación e que a CDU recuperara a primeira posición á fronte dos inquéritos. Mais, as catastróficas inundacións de xullo de 2021 en [[Renania-Palatinado]] e Renania do Norte-Westfalia, axitaron o panorama político alemán. Ademais, nunha homenaxe ás vítimas, as cámaras retrataron a Armin Laschet rindo durante o discurso do presidente federal [[Frank-Walter Steinmeier]]. Malia a que se disculpou despois, Laschet foi moi criticado por este xesto.<ref>{{Cita web|título=Laschet lacht - und bemüht sich um Schadensbegrenzung|url=https://www1.wdr.de/nachrichten/laschet-lacht-flutkatastrophe-erftstadt102.html|páxina-web=www1.wdr.de|data=2021-07-19|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref><ref>{{Cita web|título=Die sieben Patzer des Armin Laschet|url=https://www.tagesspiegel.de/politik/vom-regen-in-die-traufe-die-sieben-patzer-des-armin-laschet/27534560.html|páxina-web=www.tagesspiegel.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de}}</ref>
 
A súa campaña ficou afectada por ese feito e nas semanas seguintes foi incapaz de frear o avance dos socialdemócratas dirixidos por [[Olaf Scholz]]. Se ben as enquisas mostraban que o SPD partía da terceira posición, en poucas semanas adiantou a Os Verdes.<ref>{{Cita web|título=Allemagne : fort d'une nouvelle popularité, le SPD Olaf Scholz se rêve en chancelier|url=https://www.lesechos.fr/monde/europe/allemagne-fort-dune-nouvelle-popularite-le-spd-olaf-scholz-se-reve-en-chancelier-1339094|páxina-web=Les Echos|data=2021-08-16|data-acceso=2021-09-18|lingua=fr}}</ref> A progresión socialdemócrata non parou e, a finais de agosto, conseguía igualar e superar á CDU/CSU.<ref>{{Cita web|título=A última sondaxe en Alemaña sitúa o SPD perto de asaltar a Chancelaría|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/ultima-sondaxe-alemana-situa-spd-perto-asaltar-chancelaria/20210823202906127555.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2021-09-18|lingua=gl|nome=Nós|apelidos=Diario}}</ref><ref>{{Cita web|título=German SPD surpasses conservatives for first time in 15 years, poll shows|url=https://www.politico.eu/article/germany-election-spd-conservatives-olaf-scholz/|páxina-web=POLITICO|data=2021-08-24|data-acceso=2021-09-18|lingua=en-US}}</ref> Os dous primeiros debates electorais televisados non lle serviron a Laschet para relanzar a súa candidatura pois en ambos Scholz foi quen de impoñerse.<ref>{{Cita web|título=Sociais-democratas "ganham" a partido de Merkel no debate pré-eleições|url=https://pt.euronews.com/2021/08/30/sociais-democratas-ganham-a-partido-de-merkel-no-debate-pre-eleicoes|páxina-web=euronews|data=2021-08-30|data-acceso=2021-09-18|lingua=pt}}</ref><ref>{{Cita web|título=Another debate win for Scholz puts German chancellery in reach|url=https://www.politico.eu/article/debate-win-scholz-german-chancellery/|páxina-web=POLITICO|data=2021-09-13|data-acceso=2021-09-18|lingua=en-US}}</ref>