Armin Laschet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Armin Laschet"
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{WIKIFICAR}}
{{Biografía}}
'''Armin Laschet''', nado o 18 de febreiro de 1961 en [[Aquisgrán]] ([[Renania do Norte-Westfalia]], [[Alemaña]]) é [[xornalista]] e [[Político, política|político]] membro [[Alemaña|alemán]] da [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña]] (CDU).
 
Militante da CDU dende os 18  anos, estudou [[Dereito]] antes de converterse en [[xornalista]]. Foi elixido, en 1989, concelleiro municipal da súa cidade natal.
 
Converteuse en deputado federal no [[Bundestag]] en 1994 mais non foi reelixido en 1998. Foi membro [[Parlamento Europeo|do Parlamento Europeo]] entre 1999 e xuño de 2005, cando foi nomeado ministro de [[Renania do Norte-Westfalia]].
Liña 16 ⟶ 18:
A súa nai, nada Marcella Frings (1933-2013), era ama de casa,<ref /> e o seu pai Heinrich ou Heinz Laschet (nacido en 1934) foi un capataz de minas en Alsdorf, logo director dunha escola primaria.
 
Armin Laschet uniuse á CDU con 18 &nbsp;anos, en 1979. Dous &nbsp;anos depois aprobou con éxito o [[bacharelato]] en Aquisgrán. Logo matriculouse na Universidade Ludwig-Maximilians de Múnic para estudar [[dereito]]. Continuou os seus estudos na Universidade de Bonn.<ref />
 
En 1985, casou con Susanne Malangré, amiga dende que coincidiran durante a infancia no coro parroquial, e membro dunha relevante familia da [[burguesía]] industrial de Aquisgrán, tamén de orixe valoa.<ref>{{Cita web|título=The wannabe Merkels|url=https://www.politico.eu/article/the-wannabe-angela-merkel-successors-germany-armin-laschet-friedrich-merz-norbert-roettgen/|páxina-web=POLITICO|data=2020-02-25|data-acceso=2021-09-18|lingua=en-US}}</ref><ref>{{Cita libro|páxina=178}}.</ref>
Liña 23 ⟶ 25:
 
=== Inicios na política ===
Compatibilizando co xornalismo, traballa con Rita Süssmuth, presidenta do [[Bundestag]], entre 1987 e 1994. En 1989 gañou o seu primeiro mandato electoral, como concelleiro de Aquisgrán. Con 28 &nbsp;ans anos foi o membro máis novo do corporación municipal.
 
 
En 1994 foi o candidato nas eleccións federais no distrito Aquisgrán I pola CDU. Resultou escollido co con 46,2% de votos emitidos, por diante da [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|socialdemócrata]] Ulla Schmidt por volta dun 5 &nbsp;300 &nbsp;votos.<ref>{{Cita web|url=https://www.landtag.nrw.de//portal/WWW/dokumentenarchiv/Dokument/XMMMBL9471.pdf|páxina-web=landtag.nrw.de|título=Endgültiges Ergebnis der Wahl zum 13. Deutschen Bundestag am 16. Oktober 1994 im Nordrhein Westfalen|data-acceso=18-09-2021}}</ref> Mantívose no cargo ata 1998 cando non logrou revalidar o posto sendo derrotado pola anterior por máis de 6 500 votos.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20141006093244/https://webshop.it.nrw.de/gratis/B739%20199851.pdf|título=BUNDESTAGSWAHL 1998 Endgültige Ergebnisse in Nordrhein-Westfalen}}</ref>
 
=== Ascenso político ===
Obtivo un escano no [[Parlamento Europeo]] nas eleccións13 de xuño de 1999, polo que renunciou ás súas funcións profesionais. Durante o seu primeiro quinquenio en [[Estrasburgo]], foi membro do comité de orzamentos, do de asuntos exteriores así como da delegación parlamentaria [[Unión Europea|UE]]-[[Romanía]] e UE- [[Estonia]].<ref>{{Cita web|url=https://www.europarl.europa.eu/meps/en/4280/ARMIN_LASCHET/history/5|páxina-web=europarl.europa.eu|título=5th parliamentary term: Armin LASCHET}}</ref> Volveu resultar electo en 2004 formando parte do comité de asuntos exteriores e da delegación parlamentaria da UE e as repúblicas do Cáucaso.<ref>{{Cita web|url=https://www.europarl.europa.eu/meps/en/4280/ARMIN_LASCHET/history/6|páxina-web=europarl.europa.eu|título=6th parliamentary term: Armin LASCHET}}</ref>
 
Renuncia á acta de eurodeputado en xuño de 2005 para ser o ministro de Xeracións, Familias, Mulleres e Integración, sendo logo o de Asuntos federais, Europa e Comunicación de Renania do Norte-Westfalia. Deste xeito, con 44 &nbsp;anos forma parte do executivo da coalición entre a CDU e a FDP (liberal) do ministro-presidente demócrata-cristián Jürgen Rüttgers. Co gallo das eleccións lexislativas rexionais do 9 de maio de 2010, é elixido membro do Landtag, o lexislativo do estado federado. Con todo, nesas eleccións a CDU e o SPD quedaron nunha situación de empate, non sendo os democristiáns de formar goberno.<ref>{{Cita web|título=Landtag NRW: 15. Wahlperiode 2010 bis 2012|url=https://www.landtag.nrw.de/home/der-landtag/geschichte-des-landtags/ruckblick-auf-wahlperioden-1/15wp.html|páxina-web=www.landtag.nrw.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de|nome=Landtag|apelidos=Nordhrein-Westfalen}}</ref> Ruttgers dimitiu á fronte da CDU do estado federador e aínda que Laschet intentou ser escollido como novo líder, finalmente impúxose Norbert Röttgen, ministro federal de Medio Ambiente.<ref />
 
A contundente derrota do partido nas eleccións anticipadas de 2012, cando a CDU perdeu máis dun 8% do voto quedando a case 13 puntos dos socialdemócrtas, provocou a dimisión de Röttgen e Laschet é elixido lider da CDU en Renania do Norte-Westfalia.<ref /> Deste xeito, en decembro de 2021, foi nomeado un dos vicepresidentes federais da Unión Demócrata Cristiá, baixo a presidencia de [[Angela Merkel]].
Liña 40 ⟶ 42:
Para as eleccións do 14 maio de 2017, lidera a campaña da CDU contra o ministro-presidente de Renancia do Norte-Westfalia, a socialdemócrata Hannelore Kraft. Mentres as enquisas anunciaban unha vitoria para o SPD, as intencións de voto trocaron na última semana de campaña.
 
Finalmente, os comicios foron gañados pola CDU co 32,96% dos votos emitidos e 72 deputados dos 199 lo Landtag, o que significaba 147 &nbsp;500 &nbsp;votos e 1,7% por diante do [[SPD]].<ref>{{Cita web|título=Landtag NRW: 17. Wahlperiode seit 2017|url=https://www.landtag.nrw.de/home/der-landtag/geschichte-des-landtags/ruckblick-auf-wahlperioden-1/17wp.html|páxina-web=www.landtag.nrw.de|data-acceso=2021-09-18|lingua=de|nome=Landtag|apelidos=Nordhrein-Westfalen}}</ref>
 
Un pacto entre a CDU e o FDP lograría 100 deputados, xusto no limiar preciso para a maioría absoluta, polo que apenas cinco días despois das leección, Laschet e Christian Lindner, líder do Partido Liberal Democrático (FDP) iniciaron negociacións. As discusións centraranse principalmente na educación, economía e seguridade pública.<ref>{{Cita web|título=Machtwechsel in NRW: CDU und FDP verhandeln über Koalition|url=https://www.ksta.de/politik/machtwechsel-in-nrw--cdu-und-fdp-verhandeln-ueber-koalition-26932924|páxina-web=Kölner Stadt-Anzeiger|data=2017-05-19|data-acceso=2021-09-18|lingua=de-DE}}</ref> As partes chegaron a un acordo o 13 de xuño, o que lle permitiu a Laschet presentarse á investidura.<ref>{{Cita novas|título=Nordrhein-Westfalen: Schwarz-gelber Koalitionsvertrag steht|url=https://www.faz.net/aktuell/politik/inland/nrw-landtagswahl-koalitionsvertrag-von-cdu-fdp-steht-15060192.html|xornal=FAZ.NET|data-acceso=2021-09-18|issn=0174-4909|lingua=de}}</ref>
Liña 64 ⟶ 66:
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
{{control de autoridades}}
{{ORDENAR:Laschet, Armin}}
[[Categoría:Xornalistas de Alemaña]]
[[Categoría:Presidentes de Renania do Norte-Westfalia]]