Oceanía insular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Século XVI: remato sección
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 58:
 
O 21 de novembro de [[1564]] parte de Nova España unha nova expedición a Filipinas coa intención de colonizala. Estaba comandada por [[Miguel López de Legazpi]], escribano e alcalde ordinario de [[Cidade de México|México]]. Durante a singradura avistaron novas illas das Marshall, Carolinas e Palau. Legazpi permanecería en Filipinas como [[Capitanía Xeneral de Filipinas|Capitán Xeneral]], fundando a cidade de [[Manila]] en [[1571]]. O regreso de Filipinas a Nova España marcou un fito na historia da navegación polo descubrimento da ''tornaviaxe'', unha ruta de regreso a Nova España que sería aproveitada polo [[galeón de Manila]] durante 250 anos. Foi realizada por dúas naves, o patache "San Lucas", dirixido por [[Alonso de Arellano]], que se separou en decembro de 1564 por mor dunha tempestade, e a "San Pedro", capitaneada por [[Felipe de Salcedo]], neto de Legazpi, coa dirección técnica de [[Andrés de Urdaneta]]. Todos chegaron a Nova España con meses de diferenza, o primeiro en facelo foi Alonso de Arellano, quen chegou a ''Puerto de Navidad'' (actualmente [[Barra de Navidad, Jalisco|Barra de Navidad]]) en agosto de [[1565]]. Case dous meses despois, o 1 de outubro, arribaría a [[Acapulco]] Urdaneta, quen daría nome á ruta a pesar de non ter sido o primeiro en chegar<ref name="Bernabéu"/><ref>{{cita web |título=Andrés de Urdaneta y el tornaviaje |apelidos=de Miguel Bosch |nome=J. R. |editor=Euskonews |url=http://www.euskonews.com/0211zbk/gaia21101es.html |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20120618232330/http://www.euskonews.com/0211zbk/gaia21101es.html |data=23-30 de maio de 2003 |data-arquivo=18 de xuño de 2012 |lingua=es}}</ref>.
 
O [[Vicerreinato do Perú|vicerrei do Perú]], García Hurtado de Mendoza, patrocinou unha expedición aos mares do sur para dar saída a moitos buscadores de fortuna que percorrían o Perú, e tamén para averiguar a veracidade de certas lendas [[Imperio Inca|incas]]. O encargado de comandala foi [[Álvaro de Mendaña]] quen, en compañía do cosmógrafo [[Pedro Sarmiento de Gamboa]], descubriu entre [[1567]] e [[1569]] o arquipélago das Ellice (hoxe [[Tuvalu]]) e varias illas do [[arquipélago das illas Salomón]], entre elas [[Guadalcanal, Illas Salomón|Guadalcanal]]. Nunha nova singradura ([[1595]]-[[1596]]), Mendaña avistou a illa de [[Pukapuka]] que chamou ''San Bernardo'', nas [[illas Cook]]<ref>{{cita web |título=Las Islas Cook cumplen 50 años desde su independencia |url=https://viajar.elperiodico.com/viajeros/las-islas-cook-cumplen-50-anos-desde-su-independencia |data=24 de marzo de 2015 |dataacceso=18 de setembro de 2021 |editor=El Periódico |lingua=es}}</ref>, e os arquipélagos das [[Illas Marquesas|Marquesas]] e [[Illas Santa Cruz|Santa Cruz]]. Nesta última illa morreu o capitán, pasando os seus títulos de gobernador e adiantado á súa dona [[Isabel de Barreto]]<ref name="Bernabéu"/>.
 
== Notas ==