Editorial Nós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cambio fotografía
Liña 2:
[[Ficheiro:Coruña, Editorial Nós 01-01r.jpg|miniatura|Placa no edificio da [[rúa Real (A Coruña)|rúa Real]] da Coruña no que se fundou a Editorial Nós.]]
{{Outros homónimos|Editorial Nós (homónimos)}}
A '''Editorial Nós''' foi unha casa editorial galega creada na [[A Coruña|Coruña]]<ref>{{Cita libro |nome=Alfonso |apelidos=Mato |ligazónautor=Alfonso Mato |título=Ánxel Casal, un editor para un país: catálogos de Lar e Nós |url=http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2007_Anxel-Casal-un-editor-para-un-pais.pdf |formato=pdf |dataacceso=23 de decembro de 2018 |ano=2007 |editorial=Consello da Cultura Galega/Seminario de Estudos Galegos |lugar=Santiago de Compostela |isbn=978-84-96530-47-8 |páxina=17 |cita= '''1924''' Aos poucos meses de botarse a andar as Escolas do Insiño Galego, Casal faise cargo da iniciativa. Crea co bibliotecario das Irmandades, Leandro Carré Alvarellos, a editorial Lar, na que Carré será o director-propietario e Casal o administrador. O domicilio de Casal, na rúa Real, 36, 1º, será tamén sede da editorial Lar, da Irmandade coruñesa e das Escolas do Insiño Galego. [...] '''1927''' En agosto abandona a editorial Lar, que queda en mans de Carré, agora na rúa da Franxa, 34, baixo, e funda a editorial e imprenta Nós, que continúa no seu domicilio da rúa Real, 36, 1º.}}</ref> , concretamente no número 6 da rúa Real<ref>{{Cita web|url=https://www.acalexandreboveda.gal/anxel-casal-coruna/|páxina-web=Agrupación cultural Alexandre Bóveda|título=Ánxel Casal e “Nós” na Coruña – Paseos en agosto XI|data-acceso=18/09/2021}}</ref>, no [[1927]]. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista [[Ánxel Casal]]. Da súa imprenta saíron ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' e a revista ''[[revista Nós|Nós]]''. O seu nome completo era ''"Nós, pubricacións galegas e imprenta"''.<ref>[http://escolarosaliadecastro.edu.es/index.php?option=com_content&view=article&id=49&Itemid=50&lang=gl "Anxel Casal"], artigo na web da Escola Rosalía de Castro.</ref>
 
== Historia ==
A [[revista Nós]] naceu en Ourense no ano [[1920]], mais a partir do número 16 comezou a se imprimir en Pontevedra na busca de menores custos. En novembro de [[1924]], Ánxel Casal, en colaboración con [[Leandro Carré Alvarellos]], fundou a [[Editorial Lar]]. Máis tarde, desvencellouse desa iniciativa para fundar en [[1927]] a '''Editorial Nós''', onde finalmente tería cabida a revista. O 25 de novembro de 1927 publicou o primeiro título ''Historia sintética de Galicia'' de [[Ramón Villar Ponte]]<ref>Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) ''Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte''. Xerais:Vigo, p. 385</ref>. En [[1930]] fundou o xornal republicano ''[[El Momento (A Coruña)|El Momento]]'' que, por falla de apoio, só duraría 14 números e arrastraría case que á quebra á editorial Nós.
 
A imprenta estivo nun principio situada no númoer 20 da rúa das Hortas, na capital galega, se ben trasladouse posteriormente o número 15 da rúa do Vilar. O derradeiro número repartido nomalmente entre os suscritores foi o 137-138, correspondente a Maio - Xuño do ano 1935, pero saído o ano seguinte. Estaba no prelo outro número (139-144) que xa non chegou a publicarse por mor da Guerra Civil<ref>{{Cita libro|título=Historia da Literatura Galega Contemporánea 1808 - 1936|apelidos=Carballo Calero|nome=Ricardo|editorial=Galaxia|ano=1981|ISBN=84-7154-391-5|páxina=635}}</ref>
 
A editorial pasou axiña a ser o brazo editorial das [[Irmandades da Fala]], coa revista ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]''.