Oceanía insular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Polinesia: máis de en:oceania#european exploration
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Exploracións europeas: máis de diversas páxinas das wikis inglesa e española
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 44:
A partir do [[século XVI]] os europeos comezaron a explorar as illas do Pacífico. Os portugueses foron os primeiros en adentrarse cada vez máis cara ao leste, partindo de [[Malaca]]. O navegante portugués [[António de Abreu]] foi o primeiro en arribar ás [[Molucas]], a [[Timor]] e ás [[illas Banda]] en [[1512]], levando como segundo a [[Francisco Serrão]] quen ficou en [[Ternate]] como conselleiro do [[Sultanato de Ternate|sultán]]<ref>{{cita libro |apelidos=Hanna |nome=W. A.|título=Indonesian Banda: Colonialism and its Aftermath in the Nutmeg Islands |editorial=Institute for the Study of Human Issues |ano=1978 |páxinas=6–8 |isbn=0-915980-91-6 |lingua=en}}</ref>. [[Gomes de Sequeira]] chegou ás [[illas Carolinas]] en [[1525]]<ref name="Kratoska">{{cita libro |título=South East Asia, Colonial History: Imperialism before 1800 |series=South East Asia, Colonial History |volume=1 |apelidos=Kratoska |nome=P. H. |editorial=Taylor & Francis |páxinas=54-56 |ano=2001 |isbn=0-415-21540-4 |lingua=en}}</ref>, e [[Jorge de Menezes]] a Nova Guinea en [[1526]]<ref name="Kratoska"/>.
 
O 10 de agosto de [[1519]] parte de [[Sevilla]] unha expedición de cinco barcos finaciada polo monarca español [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]] e liderada polo portugués [[Fernando de Magalhães]]. Navegaron ao longo da costa leste de [[América do Sur]], achando e atravesando o [[Estreito de Magalláns|estreito que leva o seu nome]], e o 28 de novembro de [[1520]] entraban no océano que Magalhães nomearía "Pacífico". Os tres barcos que continuaban na expedición navegaron cara ó norte ata coller os favorables ventos [[alisio]]s que os levarían a través do Pacífico ata as [[Filipinas]], onde foi matado Magalhães por tribos locais. Só quedaban dous barcos: un deles, o [[Trinidad (nao)|Trinidad]] colleu rumbo norte coa esperanza de encontrar os [[ventos do oeste]] que os levarían a [[México]], pero tiveron que regresar, sendo apresados por unha frota portuguesa (na viaxe de regreso avistaron unha illa do arquipélago de [[Palau]] á que nomearon "San Juan"<ref>{{cita web |título=Foreign Ships in Micronesia: Palau |url=http://www.micsem.org/pubs/articles/historical/forships/palau.htm |obra=Micronesian Seminar |dataacceso=18 de setembro de 2021 |lingua=en}}</ref>). O outro barco, o [[Victoria (nao)|Victoria]], capitaneado por [[Juan Sebastián Elcano]], retornou a España polo oeste a través do [[océano Índico]], evitando as rutas frecuentadas polos portugueses para non seren apresados por estes. O 8 de setembro de [[1522]] chegaron a Sevilla, completando así a primeira [[circunnavegación]] da Terra, tendo alcanzando, entre outra illas de Oceanía, as Filipinas e as [[Illas Marianas|Marianas]]<ref>{{cita libro |título=La primera vuelta al mundo |apelidos=Comellas |nome=J. L. |editorial=Rialp |ano=2019 |isbn=8432151025 |lingua=es}}</ref>.
 
En [[1525]] partía da [[A Coruña|Coruña]] unha frota de sete naves con destino ás illas [[Molucas]]. Estaba ao mando [[García Jofre de Loaísa]], levando a Elcano como segundo. En xuño de [[1526]] desapareceu durante unha tormenta unha das naves, a "San Lesmes", que se cre foi a primeira en alcanzar as [[illas Marquesas]]<ref>{{cita libro |título=European Voyaging towards Australia |apelidos=Moutinho |nome=Isabel |apelidos-editor1=Hardy |nome-editor1=J. |apelidos-editor2=Frost |nome-editor2=A. |editorial=Australian Academy of the Humanities |ano=1990 |isbn=978-0909897192 |lingua=en}}</ref>. Logo das sucesivas mortes de García Jofre e Elcano, [[Alonso de Salazar]] asumiu o mano da única nave que quedaba, descubrindo en agosto de 1526 as [[illas Marshall]]<ref>{{cita web |título=Salazar. Hoy 21 de Agosto de 1526 el explorador español Toribio Alonso de Salazar, descubre en el Oceáno Pacífico las Islas Marshall |url=https://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:b_NW_Zexh0MJ:https://www.efemeridespedrobeltran.com/es/eventos/agosto/salazar.-hoy-21-de-agosto-de-1526-el-explorador-espanol-toribio-alonso-de-salazar-descubre-en-el-oceano-pacifico-las-islas-marshall+&cd=2&hl=es&ct=clnk&gl=es&client=opera |obra=Efemérides |apelidos=Beltrán |nome=P. |dataacceso=18 de setembro de 2021 |lingua=es}}</ref><ref>{{cita web |título=Las españolas islas Carolinas y Palaus |url=https://www.ucm.es/adamuc/file/las-espanolas-islas-carolina-y-palaos-articulo-de-juan-hernandez-hortiguela |apelidos=Hernández Hortigüela |nome=J. |páxina=2 |data=3 de abril de 2021 |dataacceso=18 de setembro de 2021 |editor=Universidade Complutense de Madrid |lingua=es}}</ref>.
 
[[Hernán Cortés]] equipou en [[1527]] unha frota de tres naves que partiu de [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] ao mando [[Álvaro de Saavedra]] cos obxectivos de descubrir novas terras e tratar de achar a desaparecida nave "Trinidad" da expedición de Magalhães. Cando trataba de retornar a Nova España na única nave que lle quedaba, Álvaro de Saavedra descubriu as [[illas do Almirantado]] no verán de [[1528]]<ref>{{cita libro |título=The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations |apelidos=Brand |nome=D. D. |apelidos-editor=Friis |nome-editor=H. R. |editorial=The American Geographical Society |localización=Nova York |ano=1967 |páxina=121 |lingua=en}}</ref><ref>{{cita libro |título=The Spanish Lake |volume=I: The Pacific since Magellan [El Pacífico desde Magallanes] |títulotrad=El lago español |apelidos=Spate |nome=O. H. K. |outros=Traducido por Clara Usón |editor=Australian National University |editorial=Casa Asia |ano=2006 |páxina=144 |isbn=1-9209-425-6-4 |lingua=es}}</ref>.
 
== Notas ==