Artemisa (Rembrandt): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Artemisia,_by_Rembrandt,_from_Prado_in_Google_Earth.jpg" por "[[commons:File:Judith_at_the_Banquet_of_Holofernes_(previously_known_as_Artemisia),_by_Rembr
Sen resumo de edición
Liña 18:
A pintura amosa a unha [[Xuventude|moza]] en roupas luxosas e [[xoia]]s á que unha serventa entrega unha copa. Crese que Rembrandt usou como modelo á súa esposa Saskia van Uylenburgh, con quen casou en 1634, o mesmo ano en que pintou a obra. A muller pousa cun vestido amplo e apoia a man dereita sobre o ventre, detalles que fixeron crer a algúns expertos que Saskia estaba embarazada cando pousou.
 
Durante longo tempo discutiuse cal era a personaxe [[Mitoloxía|mitolóxica]] ou [[Historia|histórica]] aquí representado. Finalmente, no 2009 o [[Museo do Prado]] desvelou que se trata da heroína bíblica [[Libro de Xudit|Xudit]], quen, para liberar ó seu pobo do asedio das tropas de [[Holofernes]], acudiu ó campamento deste, ceou con el, embriagouno até facelo durmir e entón decapitouno. A escena do asasinato é bastante común na pintura antiga, pois xa a trataron [[Tintoretto]] (Museo do Prado), [[Caravaggio]] (Palacio Barberini, [[Roma]]), [[Artemisia Gentileschi]] e outros artistas. Pero o momento previo de Xudit no banquete é relativamente raro, o que explica que este cadro fose difícil de identificar. A confusión é máis comprensible porque na escena non se ve a Holofernes senón só a Xudit, e faltan alusións claras ó banquete.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*{{Cita libro|título=Rembrandt|apelidos=D'Adda|nome=Roberta|editorial=Skira|ano=2006|lugar=Milán|lingua=it}}
*Roberta D'Adda: ''Rembrandt'', Milán, Skira, 2006.
 
{{Control de autoridades}}