Contido eliminado Contido engadido
Liña 3.255:
== Ronda e rolda ==
Acabo de chegar de viaxe, Elisardo. Desculpa a demora. Mañá respóndoche sen falta. Saúde! --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 14 de setembro de 2021 ás 21:55 (UTC)
:A min quéreme soar que este asunto xa o toquei con algún usuario anos atrás, pero que non chegaramos a verquelo en política ningunha, até onde eu lembro. Pola miña banda, son un firme partidario de facer valer na Wikipedia as formas recomendadas (ou dito á inversa: de relegar as non recomendadas a meras redireccións). Non creo que para estes casos se poida nin se deba dar a elixir a forma principal, que vén sendo o que é a "elección do primeiro editor" (moi útil para outras cousas, pero que aquí non creo que proceda), por algo tan simple como que os dous ou máis termos non están, no plano académico, en pé de igualdade. Así, para o caso da rolda de Outeiro na Coruña ou a da Muralla en Lugo, a forma prioritaria debe ser esa: rolda. E debe ser así con independencia de que logo poida haber algún caso puntual no que o "rueiros" municipal, teña carácter oficial ou oficioso, valide formas non recomendadas (non é o caso desta rolda, polo que vexo na referencia), ou directamente erros (hai máis dunha vila en Galicia con prazas da *Pescadería). En fin, que, se é por min, rolda. Un saúdo. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 15 de setembro de 2021 ás 15:06 (UTC)