Asedio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Na [[historia]], os asedios probablemente xurdiron paralelamente co desenvolvemento das cidades e os grandes centros de poboación. As cidades antigas de [[Oriente Medio]], por exemplo, xa amosan restos arqueolóxicos de murallas fortificadas. Durante o [[período dos Reinos Combatentes]] na [[China]], hai probas tanto textuais como arqueolóxicas de asedios prolongados e do emprego de máquinas de asedio contra os defensores da cidade.
 
Durante o [[Renacemento]] e na [[Idade Moderna]], os asedios dominaron a forma de guerra en Europa até o punto que [[Leonardo da Vinci]], por exemplo, acadou gran parte do seu renome mediante o deseño de fortificacións no seu estudio. As campañas medievais xeralmente se deseñaban a través dunha sucesión de asedios. Porén, na era [[Napoleón I de Francia|napoleónica]], o emprego cada vez maior de [[canón (arma)|canóns]] moi poderosos reduciu o valor das fortificacións, de xeito que xa nos tempos modernos, as [[trincheiras]] substituíron ás murallas, e os búnqueres substituíonsubstituíron ós [[Castelo (fortificación)|castelos]]. Xa no século XX a importancia do asedio clásico foi declinando por mor da chegada da guerra móbil. Unha fortificación concreta deixou de ser tan decisiva como o era antes e, por isto, malia que aínda se facían asedios concretos, xa non eran tan importantes nin tan comúns como o eran antes, sobre todo pola facilidade coa se poden dirixir grandes volumes de poder destrutivo contra un só obxectivo estático.
== Notas ==
{{Listaref}}