Roman Jakobson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «y»
Liña 20:
As súas investigacións sobre a linguaxe infantil foron tamén moi innovadoras, ao destacar o papel universal que na mesma teñen as [[Consoante oclusiva|oclusivas]] e as [[Consoante nasal|nasais]]. Tamén fixo estudos pioneiros sobre as [[afasia]]s, describindo dous tipos de anomalías: as relacionadas coa ''selección'' de unidades lingüísticas ou anomalías ''paradigmáticas'', e as relacionadas coa ''combinación'' das mesmas, ou anomalías ''sintagmáticas''. Este modelo inspirouse parcialmente nas consideracións de [[Ferdinand de Saussure]], pai do [[Estruturalismo (lingüística)|estruturalismo]]. Á súa vez Jakobson influíu en estruturalistas como Claude Lévi-Strauss e posestruturalistas como [[Jacques Lacan]] -Lacan entende, a partir dos estudos de Jakobson sobre as afasias, que o paradigmático ou selectivo é coalescente co que [[Sigmund Freud]] chama "condensación" e o [[metáfora|metafórico]], e que o sintagmático é [[metonimia|metonímico]] ou o que Freud chama "desprazamento". Este estudo provocou un interese apaixonado no campo da [[neuroloxía]] e a [[psiquiatría]] e a renovación dos estudos médicos neste campo.
 
A [[estilística]] e a [[poética]] foron as preocupacións máis antigas e profundas de Jakobson. As súas teorías desenvolvéronse dentro do [[formalismo ruso]], que constituía unha reacción contra unha tradición de teoría literaria rusa excesivamente dominada polos aspectos sociais, ye porpolo tanto dá moita importancia ás [[forma]]s, desde as máis simples (recorrencias fónicas) ás máis complexas (xéneros literarios).
 
Da súa [[teoría da información]], constituída en 1948 e articulada en torno aos [[factores da comunicación]] ([[emisor]], [[receptor]], [[referente]], [[Canle (comunicación)|canle]], [[mensaxe]] e [[Código lingüístico|código]]), Jakobson deduciu a existencia de seis [[funcións da linguaxe]]: expresiva, apelativa, representativa, fáctica, poética e metalingüística, completando así o modelo de [[Karl Bühler]].