Conrado I de Borgoña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{biografía}}
'''Conrado I de Borgoña''' , realmente Conrado I de [[Argenau]] e máis tarde Conrado I de París e Auxerre, coñecido como Conrado o Vello <ref>[http://fmg.ac/Projects/MedLands/SWABIAN%20NOBILITY.htm#ConradIParisdiedafter862 Xenealoxía en Medieval Lands]</ref>, nado ao redor do [[800]] e finado un [[22 de marzo]] entre o 862 e o 866, foi un nobre carolinxio fillo de [[Welfo I de Baviera|Welfo I]] [[Condado de Baviera|conde de Baviera]] e de Helwigis (c. 775-883).
 
==Traxectoria==
 
Foi [[Condado de Argenau|conde de Argenau]] (ata 858), e despois nomeado [[Condado de Auxerre|conde de Auxerre]] (c. 853) e [[Condado de París|conde de París]] (c. 858) e abade leigo de Saint-Germain d'Auxerre e Saint-Gall. Ocupou estes cargos ata a súa morte (entre [[862]] e [[864]]). En París sucedeuno o seu sobriño Conrado (fillo do seu irmán Rodolfo Conde de Sens, e en Auxerre o seu fillo Conrado II (duque de Borgoña Transxurana) pero pronto os dous foron depostos polo rei [[Carlos II, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos o Calvo]] .
 
=== Familia ===
Pertencía á antiga casa de Welf, os seus tres irmáns eran:
 
* Rodolfo (falecido no [[866]]), [[Condado de Ponthieu|conde de Ponthieu]] (c. 855-866) e [[Condado de Sens|Sens]] (c. 855-866), abade laico de [[Jumièges]] e Saint-Riquier, pai de Welf (coñecido como Welfón, diminutivo de Welf), conde de Sens (866-881); Conrado, conde de París (862/864) e Sens (881); Hugo (relixioso) e RodolfRodolfo conde ende [[Augstgau]].
* [[Xudite de Baviera]], segunda esposa de [[Lois I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Luís o Piadoso]].
* Emma de Baviera, esposa de Luís o Alemán.
 
=== Matrimonios e descendentes ===
Casou con [[Adelaida de Alsacia]], tamén Adelaida de Tours (nada c. [[805]] e finada despois de [[866]]), filla de [[Hugo III de Tours da Alta Alsacia]], alcumado o Preguiceiro (m. 837), [[Condado de Sundgau|conde de Sundgau]] e conde de [[Condado de Tours|Tours]]. Tivo cinco (ou quizais seis) fillos:
 
* [[Conrado II de Borgoña]] (m. [[876]] ), conde de Auxerre (c. 862/864), duque de [[Reino da Alta Borgoña|Borgoña Transxurana]] (858-864).
* Welfo II (m. [[858]]) que foi conde en [[Alpgau]] e pai de Conrado (conde en [[Linzgau]]) e Eticón (conde en [[Ammergau]]).
* [[Hugo Abade]] (c. [[830]] - m. [[886]] ) abade de Saint-Germain d'Auxerre, Noirmoutier, Saint-Riquier, Saint-Bertin e Saint-Martin de Tours, e arcebispo de Colonia do 864 ao 870.
* Xudite, muller de [[Udón de Neustria]] [[Condado de Lahngau|conde de Lahngau]] (fillo de Xebardo conde de [[Niederlahngau]]).
* Rodolfo.
* Probablemente Emma, muller de [[Roberto o Forte]].
 
== Notas ==