Conrado I de Borgoña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Conrad I de Borgonya"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2021 ás 11:41

Conrado I de Borgoña , realmente Conrado I de Argenau e máis tarde Conrado I de París e Auxerre, coñecido como Conrado o Vello [1], nado ao redor do 800 e finado un 22 de marzo entre o 862 e o 866, foi un nobre carolinxio fillo de Welfo I conde de Baviera e de Helwigis (c. 775-883).

Traxectoria

Foi conde de Argenau (ata 858), e despois nomeado conde de Auxerre (c. 853) e conde de París (c. 858) e abade leigo de Saint-Germain d'Auxerre e Saint-Gall. Ocupou estes cargos ata a súa morte (entre 862 e 864). En París sucedeuno o seu sobriño Conrado (fillo do seu irmán Rodolfo Conde de Sens, e en Auxerre o seu fillo Conrado II (duque de Borgoña Transxurana) pero pronto os dous foron depostos polo rei Carlos o Calvo .

Familia

Pertencía á antiga casa de Welf, os seus tres irmáns eran:

  • Rodolfo (falecido no 866), conde de Ponthieu (c. 855-866) e Sens (c. 855-866), abade laico de Jumièges e Saint-Riquier, pai de Welf (coñecido como Welfón, diminutivo de Welf), conde de Sens (866-881); Conrado, conde de París (862/864) e Sens (881); Hugo (relixioso) e Rodolf conde en Augstgau.
  • Xudite de Baviera, segunda esposa de Luís o Piadoso.
  • Emma de Baviera, esposa de Luís o Alemán.

Matrimonios e descendentes

Casou con Adelaida de Alsacia, tamén Adelaida de Tours (nada c. 805 e finada despois de 866), filla de Hugo III de Tours da Alta Alsacia, alcumado o Preguiceiro (m. 837), conde de Sundgau e conde de Tours. Tivo cinco (ou quizais seis) fillos:

  • Conrado II de Borgoña (m. 876 ), conde de Auxerre (c. 862/864), duque de Borgoña Transxurana (858-864).
  • Welfo II (m. 858) que foi conde en Alpgau e pai de Conrado (conde en Linzgau) e Eticón (conde en Ammergau).
  • Hugo Abade (c. 830 - m. 886 ) abade de Saint-Germain d'Auxerre, Noirmoutier, Saint-Riquier, Saint-Bertin e Saint-Martin de Tours, e arcebispo de Colonia do 864 ao 870.
  • Xudite, muller de Udón de Neustria conde de Lahngau (fillo de Xebardo conde de Niederlahngau).
  • Rodolfo.
  • Probablemente Emma, muller de Roberto o Forte.

Notas