Triscaidecafobia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 43:
O piloto de [[motociclismo]] español [[Ángel Nieto]] foi campión do mundo de motociclismo en 13 ocasións, mais sempre indicaba que foi campión "en 12+1 ocasións".<ref>{{Cita novas|título=MotoGP: El 12+1 inmortal de Ángel Nieto - Marca.com|url=http://www.marca.com/motor/motogp/2016/08/05/57a373bae2704e4a488b4676.html|data-acceso=26 de julio de 2017|xornal=Marca.com|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita novas|apelidos=Fórmulamoto|título=Ángel Nieto: El "12+1"|url=http://www.formulamoto.es/zona-competicion/2012/05/01/angel-nieto-121/4737.html|data-acceso=26 de julio de 2017}}</ref> Por outra parte, na maioría das competicións de [[automobilismo]] e [[motociclismo]] non se asigna o número 13,<ref name=":1">{{Cita web|url=http://www.marca.com/2014/01/23/motor/formula1/1390482203.html|título=El 13 ha vuelto - MARCA.com|data-acceso=26 de julio de 2017|data=23 de enero de 2014}}</ref> coa excepción de [[NASCAR]], que si o utiliza nalgún vehículo da categoría.<ref name=":1">{{Cita web|url=http://www.marca.com/2014/01/23/motor/formula1/1390482203.html|título=El 13 ha vuelto - MARCA.com|data-acceso=26 de julio de 2017|data=23 de enero de 2014}}</ref>
 
Hai deportistas que deciden desafiar a mala sorte e utilizan o número 13, por exemplo, [[Pastor Maldonado]], piloto de [[Fórmula 1|F1]]. Cando a Federación Internacional do Automóbil (FIA) permitiu escoller, a partir da [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014|tempada 2014]], calquera dorsal entre o #2 e o #99, o piloto [[Venezuela|venezolano]] escolleu o #13 para acabar coa mala sorte.<ref name=":2">{{Cita novas|título=Los pilotos de F1 tendrán dorsal de por vida|url=http://www.mundodeportivo.com/20131209/motor/f1/los-pilotos-de-f1-tendran-dorsal-de-por-vida_54395338000.html|data-acceso=26 de julio de 2017|xornal=Mundo Deportivo}}</ref><ref name=":1">{{Cita web|url=http://www.marca.com/2014/01/23/motor/formula1/1390482203.html|título=El 13 ha vuelto - MARCA.com|data-acceso=26 de julio de 2017|data=23 de enero de 2014}}</ref> Porén, esa foi a súa última tempada en [[Fórmula 1|dita competición]]. Tamén son famosos os casos dos [[Baloncesto|baloncestistas]] [[Wilt Chamberlain]] e [[Steve Nash]]. Este último consideraba o 13 como nçumeronúmero de bo agoiro, e sempre o levou na súa camisola. A excepción foi en [[Los Angeles Lakers]], onde levou o 10, pois o dorsal 13 de Chamberlain fora retirado.<ref>[http://www.funtrivia.com/en/Sports/Steve-Nash-10709.html Fun Trivia: Steve Nash]</ref><ref>[http://www.cbssports.com/nba/blog/eye-on-basketball/19560637/steve-nash-will-wear-no-10-for-the-lakers Steve Nash will wear No. 10 for the Lakers] - CBS Sports</ref> Na [[selección de fútbol de Alemaña]], desde hai décadas, a estrela do equipo leva o número 13. Iniciou esta tendencia o dianteiro [[Gerd Müller]] nos anos 1970. Michael Ballack levou ese dorsal até a súa retirada en 2012, e dende entón utilízao [[Thomas Müller]].
 
No [[Mundial de Fútbol de 1982]], o xogador [[Selección de fútbol de Chile|chileno]] Carlos Caszely levaba a camisola número 13 no partido contra [[Selección de fútbol de Austria|Austria]]. Nese encontro errou un penalti, o que marcou a súa carreira profesional.<ref>[http://www.guioteca.com/los-80/el-fantasma-de-caszely-a-30-anos-del-penal-de-espana-82/ El fantasma de Caszely: A 30 años del penal de España ’82]. Guioteca.</ref> No [[Mundial de Fútbol de 2006]], [[Andrés Iniesta]] debutou na selección española co dorsal 13.<ref>{{Cita web|url=http://www.elfutbolin.com/noticias/seleccion-espanola-lista-dorsales-seleccion-espanola-mundial-alemania-2006|título=Selección española: Lista de dorsales de la selección española para el Mundial de Alemania 2006|data-acceso=26 de xullo de 2017|lingua=es|páxina-web=elfutbolin.com}}</ref> Na selección de fútbol de España elixíanse os dorsais por orde de antigüidade, polo que a Iniesta deixáronlle o número que non quería ninguén.<ref>{{Cita novas|título=Seis motivos para idolatrar a Iniesta|url=http://www.publico.es/deportes/seis-motivos-idolatrar-iniesta.html|data-acceso=26 de julio de 2017|lingua=es-ES}}</ref><ref>{{Cita novas|apelidos=AS|nome=Diario|título=13. Iniesta: Un filón descubierto en el escaparate de Brunete {{!}} Más Fútbol {{!}} AS.com|url=https://futbol.as.com/futbol/2006/06/03/mas_futbol/1149316044_850215.html|data=3 de junio de 2006|data-acceso=26 de julio de 2017|xornal=AS.com|lingua=es}}</ref>