Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 324:
Estes escudos, agás un, compóñense dun cáliz de ouro cuberto sobre campo de azur. O primeiro co campo sementado de trevos, de ouro, represéntase coroado no armorial anexo á obra ''Le Jouvencel'' de [[Jean V de Bueil]]. Mentres no manuscrito relátase de xeito autobiográfico a [[guerra dos Cen Anos]], no armorial maniféstanse as armas de diferentes reinos do mundo, así como da nobreza francesa.<ref name="trevos"/> Datado contra [[1470]],{{Sfn|{{Versaleta|Clemmensen}}|2017a|pp=205-206}} amosa a seguinte lenda: ''Le roy de Galice''.
 
Os escudos con catro trevos, de prata, aparecen nos armoriais de André de Rineck, Nancy e Coislin-Séguier. Os códices non son copias entre eles, senón que pertencerían a un mesmo grupo derivado dun armorial orixinal anterior. O máis antigo é o de Rineck, datado en [[1473]] e composto en [[Metz]], mentres os outros dous serían do mesmo século.<ref>{{Cita libro |tipo=Tese |nome=Jean-Christophe |apelidos={{Versaleta|Blanchard}} |data=2003 |título=L'armorial d'André de Rineck: un manuscript messin du XVe siècle |volume=1 |institución=[[Universidade de Nancy]] |url=http://docnum.univ-lorraine.fr/public/NANCY2/doc419/2003NAN21025_1.pdf |lingua=fr |páxinas=75-76, 96}}</ref> Destaca no de Rineck o helmo coroado e con cáliz piriforme de cimeira.<ref>{{Cita libro |tipo=Tese |nome=Jean-Christophe |apelidos={{Versaleta|Blanchard}} |data=2003 |título=L'armorial d'André de Rineck: un manuscript messin du XVe siècle |volume=2 |institución=[[Universidade de Nancy]] |url=http://docnum.univ-lorraine.fr/public/NANCY2/doc419/2003NAN21025_2.pdf |lingua=fr |páxina=15}}</ref> Existía aínda outro armorial derivado, do que se ten coñecemento grazas a unha copia brasonada e parcial realizada no século XVII e chamada armorial do duque de Savelli (''Armorial du duc de Savelli''), onde as armas de Galicia tamén eran representadas. Na copia, malia o escudo non chegar a ser brasonado, menciónase como ''Galicien''.<ref>{{Cita libro |tipo=Tese |nome=Jean-Christophe |apelidos={{Versaleta|Blanchard}} |data=2003 |título=L'armorial d'André de Rineck: un manuscript messin du XVe siècle |volume=3 |institución=[[Universidade de Nancy]] |url=http://docnum.univ-lorraine.fr/public/NANCY2/doc419/2003NAN21025_3.pdf |lingua=fr |páxinas=120-121}}</ref> O número concreto de catro, trevos neste caso, cruces posteriormente, é moi raro e só se coñece un mapa de [[Caspar Vopel]] editado postumamente en [[1566]]<ref name="Caspar Vopel"/> e unha referencia a «catro estrelas» mencionada por [[Baltasar Porreño]] no seu ''Nobiliario del Reyno de Galicia'' de arredor do ano [[1572]]. NaNesta última obra o autor precisa que «outros pintan a custodia de ouro en campo azul con só catro estrelas, e a custodia en forma de vaso coa súa cuberta».{{Refn|group="lower-alpha"|Tradución ao galego do orixinal: ''Otros pintan la Custodia de oro en campo azul con sólo cuatro estrellas, y la Custodia en forma de vaso con su cubierta''.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=76, nota 58}}}}
 
No armorial de Jean Faucquet recupérase o primitivo cáliz descuberto ou copa, coa particularidade do campo sementado de trevos ser pintado de goles. Como se verá, non foi o primeiro que designou esta cor para o campo, mais si un dos poucos fóra da Península Ibérica. O armorial, alén da representación heráldica, tamén brasona o escudo:
Liña 424:
Ficheiro:Reino de galicia - escudo de galicia - Frand armorial colorie.jpg|Armas do reino de Galicia no ''Grand armorial colorié'', c.&nbsp;1560.<ref name="grandes"/>
Ficheiro:Escudo da Galiza no armorial Slains (1565).jpg|Armas do reino de Galicia no armorial escocés ''Slains'', 1565.
Ficheiro:Bandeira e escudo da Galiza na Europae primae et potissimae tertiae terrae partis recens descriptio de Caspar Vopel (1511-1564), ed. 1566.jpg|Armas do reino de Galicia na ''Europae primae et potissimae tertiae terrae partis recens descriptio'' de [[Caspar Vopel]], 1566.<ref name="Caspar Vopel">{{Cita publicación periódica |nome=Héitor |apelidos={{Versaleta|Picallo}} |ligazónautor=Héitor Picallo |data=11 de setembro de 2021 |título=O escudo da Galiza no mapa de Caspar Vopelius |xornal=[[Nós Diario]] |tipo=Suplemento Coñecer |páxinas=2-3}}</ref>
Ficheiro:Wappenbuch - BSB - Galicia escudo.jpg|Armas do reino de Galicia no ''Wappenbuch, BSB Cod.icon. 392 d'', c.&nbsp;1570.
Ficheiro:Reino de Galicia - kingdom of Galicia - Hierosme.jpg|Armas do reino de Galicia na obra ''Le blason des Armoiries'' de Hiérosme de Bara, 1581.