Celso Emilio Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 81:
=== Ollada xeral ===
[[Ficheiro:Plaza Maior Celanova Panorama.jpg|300px|miniatura|Praza maior de Celanova, vila natal do poeta.]]
Celso Emilio Ferreiro consagrou a recuperación do [[realismo]] social na poesía galega.{{Sfn|Fernández del Riego|1981|p=220}} Esta vertente social da súa obra garda estreita relación cos poetas [[España|españois]] dos anos 50 ([[Blas de Otero]], [[Gabriel Celaya]], [[José Hierro]])<ref>{{Cita libro|título=Dicionario de literatura galega IV|apelidos=Vilavedra|nome=Dolores|editorial=Ed. Galaxia|ano=2004|ISBN=84-8288-656-8|páxina=291|lugar=Vigo}}</ref>, integrantes da expansión da poesía social acontecida en todo o territorio estatal por aquela altura, cos que comparte visións ideolóxicas, mecanismos de expresión e, mesmo nalgúns casos, relacións de amizade, como ocorre con Gabriel Celaya, a quen dedica un poema en ''Longa noite de pedra''.
 
Seguindo a [[Ramiro Fonte]],{{Sfn|Fonte Crespo|1998|p=17-23}} pódense albiscar tres vertentes na poesía do celanovés.