Conversa usuaria:Maria zaos/arquivo4: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Maria zaos (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 529:
Ola María! Como vai? Estívenlle botando un ollo ao artigo de Mohammad Mohammadian e buscando información sobre el na rede e na miña opinión é un exemplo claro de borrado. En IMDb conta coa súa propia páxina, pero hai que ter en conta que IMDb pode ser editado por usuarios rexistrados e os contidos que aparecen nela fanme sospeitar que foi o propio Mohammadian quen os publicou como forma de autopromoción. En primeiro lugar é "excesivamente detallado" en canto ás pezas realizadas, o cal non é habitual nun cineasta de curtametraxes que a priori non conta con recoñecemento internacional (que é o que pretende facer ver) e despois pon cousas que dificilmente podería saber outra persoa, como o seu signo zodiacal, altura do corpo e alcumes. A pequena biografía de IMDb é, palabra por palabra, a mesma que emprega nos artigos de wikipedia. Ademais está o feito de que se atribúa a si mesmo as etiquetas de "Director, Writer, Editor, Producer, Cinematographer, Visual effects", o cal non deixa de ser unha maneira de sobredimensionar o seu propio valor como cineasta de curtametraxes nas que obviamente debes saber facer todos eses roles (ao cal non lle quero quitar mérito, pero non conta coa relevancia nin o recoñecemento necesarios). Por outra banda, non souben ver en ningures que teña gañado premios relevantes nos festivais de cinema. Existe unha longa lista de participacións en festivais moi pequenos e independentes ([[:en:List of awards and nominations received by Mohammad Mohammadian|aquí]]) na que podería dar a impresión de que foi nomeado en multitude de premios e categorías. Pero que a túa peza sexa proxectada ou que participe nun concurso aberto de cinema experimental (calquera pode pagar unha inscrición neste tipo de festivais) non quere dicir que "fose nomeada" por un xurado. Nos festivais nos que di ter gañado non atopei referencias (as que están no artigo en inglés están rotas ou non dirixen ao contido específico que valide esa afirmación), e outra vez volvemos ao tema da relevancia, xa que milleiros de persoas presentan as súas pezas audiovisuais a festivais de cinema (grandes e pequenos) cada ano e iso non as converte en merecedoras dun artigo polo simple feito de participar. Por último está o feito de que se apoie na figura de Abbas Kiarostami como unha forma máis de autopromoción. Non teño por que dubidar que realmente fose alumno seu ou que o seu cinema estea influído polo del (aínda que non puiden entrar na referencia, que parece dirixir a un blog persoal), pero é rechamante o feito de que sexa Kiarostami (probablemente o director iraniano máis famoso internacionalmente) un dos argumentos nos que se basea a relevancia do artigo. É dicir, o simple feito de que Kiarostami fose o seu mentor (no caso de ser certo) non é suficiente para "validar" a obra de Mohammadian como cineasta nin lle atribúe recoñecemento. Xa para rematar, chámame a atención que o usuario Arenasky use como argumento para manter o artigo que a vida de Mohammadian estea ameazada polo goberno do seu país (do cal non atopei información en ningures). Unha vez máis, iso non o converte nun cineasta máis importante nin fai que a súa obra estea mellor considerada por un xurado ou pola crítica (que a fin de contas son os que deciden quen é relevante no mundo do cinema experimental e das curtametraxes). Espero non ter soltado demasiado rollo, pero quería contarche polo miúdo a miña opinión nesta tema. Un saúdo.--[[Usuario:Breogan2008|Breogan2008]] ([[Conversa usuario:Breogan2008|conversa]]) 8 de setembro de 2021 ás 10:20 (UTC)
 
:Que va! moi detallado, grazas! Eu era da mesma opinión no tema da conversa e as outras entradas, pero quería centrarme só en se era xustificadamente salvable e a verdade, non controlo moito de cine. O da conversa tanto ten, se na nosa wiki considerasemos que ten notoriedade abondaría, pero semella non ser é o caso. Grazas de novo por todo! [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 8 de setembro de 2021 ás 15:05 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Maria zaos/arquivo4".