Diferenzas entre revisións de «Laureano López Rodó»

(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
Estudou Dereito na [[Universidade de Barcelona]] doutorándose na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Central de Madrid]] trala [[guerra civil española|guerra civil]]. En [[1945]] obtivo a cátedra de Dereito Administrativo da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e en [[1961]] trasladouse a [[Madrid]].
 
Membro do [[Opus Dei]],<ref>{{cita libro |páxina=122 |título=Historia política de España, 1939-2000 |nome1=José María |apelidos1=Marín |nome2=Carme |apelidos2=Molinero |nome3=Pere |apelidos3=Ysàs |editorial=Ediciones AKAL |ano=2001 |isbn=9788470903199}}</ref> está considerado como un dos principais impulsores da política económica de desenvolvemento da década de 1960 en España. A principios da década [[Franco]] confiou a política económica a un grupo de expertos que lle aconsellaron acabar coa [[autarquía]] e acercarse ao [[mercado común]], seguindo as recomendacións do [[Banco Mundial]] e o [[FMI]]. O grupo, coñecido como os "[[Movemento tecnocrático|tecnócratas]]" (termo despectivo utilizado por certos sectores do réxime criticando a súa falta de compromiso cos ideais do "Movemento"), sendo López Rodó un dos principais membros. A súa carreira política estivo moi vencellada ao almirante [[Carrero Blanco]].
 
En [[1956]] foi nomeado Secretario Xeral Técnico da Presidencia de Goberno polo [[Ministerio da Presidencia de España|ministro da Presidencia]] Carrero Blanco, realizando unha reforma profunda da Administración Pública do Estado, ademais da creación da Escola Nacional de Administración Pública en [[1960]]. Entre [[1962]] e [[1973]], como Comisario do Plan de Desenvolvemento (cargo elevado á categoría de [[Ministro sen carteira]]<ref>Urquijo Goitia, J.R., [http://www.ih.csic.es/paginas/jrug/diccionario/gabinetes/index_gabi.htm Dicionario biográfico de ministros] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091213235224/http://www.ih.csic.es/paginas/jrug/diccionario/gabinetes/index_gabi.htm |date=13 de decembro de 2009 }}, Instituto de Historia, CSIC {{es}}.</ref> en [[1965]]), dirixiu a preparación e aplicación dos tres Plans de Desenvolvemento Económico e Social que significaron un importante crecemento da economía española.
70.773

edicións