Luís Vaz de Torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «Fecha incompleta»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «y»
Liña 26:
O 26 de xuño de 1606, sabendo xa que «Austrialia do Espírito Santo» era unha illa, o ''San Pedro'' e ''Los Tres Reyes'', ó mando de Torres, partiron cara a [[Manila]]. Os ventos contrarios impediron que os barcos seguisen unha ruta máis directa ó longo da costa norte de [[Illa de Nova Guinea|Nova Guinea]], xa coñecida. O relato de Prado dá conta de que avistaron terra o 14 de xullo de 1606, que probablemente fose a illa de Tagula, no arquipélago das Luisiadas, ó sueste de Nova Guinea. A viaxe continuou durante os seguintes dous meses, realizando unha serie de desembarcos para repor alimentos e auga para os barcos e tomar posesión desa terra para España.<ref name="Torres"/> Iso púxoos en contacto estreito e, en ocasións violento, cos pobos indíxenas locais. Prado e Torres informan ambos da captura de vinte persoas, entre elas unha muller embarazada que deu unha luz varias semanas máis tarde.<ref name="prado"/> Prado debuxou unha serie de cartas esquemáticas das ancoraxes no golfo de Papúa, varios das cales aínda se conservan.<ref>Ver tamén ''First Discovery of Australia'', de Collingridge, 1895, que inclúe copias propias de Collingridge de tres das cartas.[http://www.gutenberg.org/files/17022/17022-h/17022-h.htm#ch-12]</ref>
 
Durante moitos anos supúxose que Torres seguiu unha ruta preto da costa de [[Illa de Nova Guinea|Nova Guinea]] para navegar os 150&nbsp;km do estreito que leva o seu nome, pero en 1980 o historiador e capitán de [[Queensland]], [[Brett Hilder]], demostrou a maior probabilidade de que Torres tomase unha ruta máis meridional a través da canle que agora se chama estreito Endeavour, moi próximo ó [[Estreito de Torres]]. Dende esta posición certamente avistaría o extremo norte do continente australiano, concretamente o cabo de York. Independentemente diso, Torres nunca afirmou que avistara o continente meridional e limitouse a sinalar que pasara a través do estreito. A expedición demostrou que Nova Guinea non formaba parte do tan desexado continente. Non fo''i''foi así con Diego de Prado y Tovar que resaltaba na súa solicitude ó rei [[Filipe III de España|Filipe III]] a importancia de cristianizar a ''Austrialia'', bautizada por eles así en honra ós Austrias. E pedía explicitamente facelo de maneira máis cristiá que as Indias Occidentais.
 
O 27 de outubro, Torres chegou ó extremo occidental de Nova Guinea e dirixiuse ó norte das illas de [[Ceram]] e [[Misool]] cara ó mar de Halmahera. A principios de xaneiro de 1607 chegou ó porto de [[Ternate]], na illa homónima parte das [[Molucas|illas das Especias.]] Navegou o 1 de maio cara a [[Manila]] chegando o 22 de maio.