Práxedes Mateo Sagasta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «y»
Liña 8:
Militou no [[Partido Progresista]] mentres estudaba na Escola de Enxeñería de Madrid, onde foi o único da escola que refusou asinar unha carta de apoio á raíña [[Sabela II de España|Sabela II]] en 1848. Rematados os estudos, xogou un activo papel na vida política española participando na política da restauración dentro do [[Partido Liberal Fusionista]], fundado por el mesmo en abril de [[1880]].<ref>{{Cita libro|título=Pablo Iglesias|apelidos=Vidal Manzanares|nome=Gustavo|editorial=Nowtilus|ano=2009|ISBN=978-84-9763-729-9|serie=Col. Historia incógnita|lugar=Madrid|páxina=103|ref=}}</ref>
 
Sagasta foi membro das Cortes entre 1854 e 1857 e entre 1858 ye 1863. En [[1866]] exiliouse a Francia tras un golpe de estado infrutuoso. Volveu a España en [[1868]], incorporándose ó goberno provisorio que asumiu o poder tralo destronamento de Sabela II.
 
Entre [[1871]] e [[1902]] foi varias veces presidente do goberno dentro da alternancia de poder pactada con [[Cánovas del Castillo]]. Desenvolveu nos seus varios mandatos medidas avanzadas entre as que destaca a reimplantación definitiva do [[sufraxio universal]] (exclusivamente masculino) en 1880.