Francisco I da Bretaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Liña 1:
{{biografía}}
[[Ficheiro:Franta1.jpg|miniatura| Francisco I de Bretaña]]
'''Francisco I''' (en [[Lingua bretoa|bretón]]: Fransez I, en [[Lingua francesa|francés:]] François I) coñecido como o Amado, nado en [[Vannes|Gwened]] o [[11 de maio]] de [[1414]] e finado no Kastell an Erminig, da mesma cidade o [[19 de xullo]] de [[1450]], foi [[Ducado da Bretaña|duque de Bretaña]], [[Condado de Montfort-l'Amaury|conde de Montfort]] e [[Condado de Richmond|conde titular de Richmond]], desde [[1442]] ata a súa morte. Fillo de [[Xoán V da Bretaña|Xoán V o Sabio]] e de [[Xoana de Valois (1391-1433)|Xoana de Valois ou de Francia]], princesa de Francia filla do rei [[Carlos VI de Francia|Carlos VI]]. Sucedeu ao seu pai como duque de Bretaña e conde de Montfort.
 
== Traxectoria ==
Criado en [[Francia]], participou na parte final da [[Guerra dos Cen Anos]] e en 1449 loitou á fronte de seis mil homes ao mando do seu tío [[Artur III da Bretaña|Artur de Richemont]] o condestable, do que foi nomeado cabaleiro e axudou a expulsar aos ingleses de [[Normandía]]. O seu lema era: "Non hai máis rei que Deus" e logrou unha reconciliación coa familia de [[Penthièvre]].
 
Un irmán (e herdeiro), [[Xil de Bretaña]], era amigo de [[Henrique VI de Inglaterra]], que fixera queimar a [[Xoana de Arco]], e era un reputado cabaleiro que representaba os intereses ingleses en Bretaña dirixindo o partido favorábel á alianza coa [[Inglaterra]], política á que daquela se opoñían os príncipes bretóns e a corte de Bretaña. Francisco fixérao arrestar e enviar á cadea en 1446. Xil morreu asasinado en 1450. Aínda que non se sabe se Francisco o ordenou ou se o asasinato foi o resultado da acción individual dun dos seus cabaleiros, Francisco foi asaltado polo remordemento (e morreu pouco despois).
 
En 1446 concedeulle ao seu camarlengo [[Briand III Châteaubriant-Beaufort]] (que desempeñaba este cargo desde 1439) o dereito de celebrar unha feira anual na aldea de [[Plerguer|Plergar]].
 
Segundo o seu testamento, foi enterrado diante do altar da igrexa abacial de Saint-Sauveur-de-Redon no país de [[Vannes|Gwened]]. A súa tumba foi trasladada a unha das capelas do deambulatorio en 1780 e destruída durante a Revolución. A súa viúva, a duquesa [[Isabel de Escocia]], sobreviviu ata 1494 e foi enterrada en Gwened.
 
== Matrimonio e descendencia ==
Casou por primeira vez en Nantes o [[28 de agosto]] de [[1431]] con Violante ou [[Iolanda de Anjou (1412-1440)|Iolanda de Anjou]] (1412 - 1440), filla de [[Luís II de Anjou|Luís II]], conde de Anjou e Provenza e [[Iolanda de Aragón]], e tivo a:
 
* Reinaldo, nado en 1434, morreu en 1439
 
Despois dunha viuvez de nove anos, volveu casar en [[Auray|An Alre]] o 30 de outubro de 1442 con Isabel de Escocia (1426 †-c. 1494), filla de [[Xacobe I de Escocia|Xacobe I Estuardo]], rei de Escocia e [[Xoana Beaufort]], e tivo a:
 
* Margarita[[Margarida de Bretaña]] (1443 - 1469), que casou en 1455 con [[Francisco II da Bretaña]].
* [[María de Bretaña]] (1446 - 1511), casada en 1462 con Xoán II, vizconde de Rohan (m. 1516) e conde de Porhoët.
 
Malia as protestas da corte escocesa, estas dúas princesas non foron recoñecidas como herdeiras do ducado. Francisco elixiu como herdeiro ao seu irmán Pedro de Guingamp ([[Pedro II deda Bretaña]]). Este non tiña fillos e para evitar calquera posíbel conflito, o duque casou á súa sobriña Margarida de Bretaña con Francisco de Étampes (máis tarde Francisco II da Bretaña), o segundo na orde de sucesión, e a María con Xoán de Rohan, o principal barón de Bretaña.
 
== Galería ==
Liña 32:
</gallery>
 
== ReferenciasVéxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}