Spacebus 100: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2021 ás 22:48

O bus Spacebus 100 é un tipo de bus para satélites fabricado en Francia.[1][2]

Características

O bus Spacebus 100 está pensado para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria. Estabilízase nos tres eixos e utiliza un sistema de propulsión bipropelente con ata 750 kg de propelente e 350 N de pulo. Para o control de actitude usa tamén volantes de inercia. Cunha masa de 866 kg, pode levar unha carga útil de 130 kg. As súas dimensións son de 2,25 m de altura e unha envergadura cos paneis solars despregados de 20,7 m, producindo ata 2 kW de potencia. Está dispoñible desde 1975 e usouse en tres satélites: Arabsat 1A, Arabsat 1B e Arabsat 1C.[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Spacebus 100" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Spacebus-100 / -1000" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2021.