Mitoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎O calendario e a mitoloxía: amplío a partir de es:nombres de los días de la semana
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 85:
* Xoves: do inglés antigo ''Þūnresdæg'', ou "día de Þunor". Þunor significa [[Trono (meteoroloxía)|trono]] e a súa personificación é o deus nórdico denominado [[Thor (deus)|Thor]] en inglés moderno. De maneira similar, en [[Lingua alemá|alemán]] ''Donnerstag'' ("día do trono") e nas [[Linguas nórdicas|linguas escandinavas]] ''Torsdag'' ("día de Thor"). O deus Thor sería o equivalente ao deus latino Xúpiter.
* Venres: do inglés antigo ''Frīgedæg'', ou día da deusa [[Frigg]]. A relación co deus latino Venus vén de que o nome nórdico do planeta Venus era ''Friggjarstjarna'', ou "estrela de Frigg".
* Sábado: a súa denominación anglosaxonaanglosaxoa orixinal era ''Sæturnesdæg'', ou "día de Saturno" coma en latín. Nas linguas escandinavas o nome é ''Lørdag'' ou ''Lördag'', que se aparta moito dos anteriores e non ten que ver nin co [[Panteón (mitoloxía)|panteón]] nórdico nin co romano; deriva do nórdico antigo ''laugardagr'', literalmente "día de lavado". Este día en alemán ten os nomes ''Sonnabend'' e ''Samstag'', que tampouco teñen que ver coa mitoloxía; o primeiro significa a "noite anterior ao domingo", e o segundo deriva do [[Lingua hebrea|hebreo]] [[Shabat]] que significa "descanso" e designa o día de descanso na [[Xudaísmo|relixión hebraica]].
 
== Notas ==