Organismo aerobio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Anaerobic.png|300px|miniatura|dereita|As bacterias anaeróbicas e aeróbicas poden identificarse pola súa forma de crecemento en tubos de ensaio de [[caldo de tioglicolato]]:
1: '''Aerobio obrigado''', que necesita oxíxeno porque non pode fermentar nin respirar anaerobicamente. Xúntanse na parte superior do tubo, onde a concentración de oxíxeno é maior.
2: '''Anaerobio obrigado''', que morre envelenado polo oxíxeno, polo que crecen todos xuntos no fondo do tubo, onde a concentración de oxíxeno é menor.
3: '''Anaerobio facultativo''', que crece con ou sen oxíxeno, porque pode metabolizar enerxía aeróbica ou anaerobicamente. Crecen en maior número na parte superior do tubo porque a respiración aeróbica xera máis ATP que a fermentación ou a respiración anaeróbica, pero algúns crecen tamén no resto do tubo.
4: '''Microaerófilo''', que necesita pequenas cantidades de oxíxeno porque non pode fermentar ou respirar anaerobicamente, pero que morre envelenado en altas concentracións de oxíxeno. Crecen na zona superior do tubo pero non na parte máis superior.
5: '''Aerotolerante''', que non require oxíxeno, xa que ten un metabolismo enerxético anaerobio, pero non morre envelenado se está en presenza de oxíxeno. Crecen en todo o tubo.]]
{{en uso}}

Un '''organismo aerobio''' ou '''aerobio''' é un [[ser vivo|organismo]] que necesita [[oxíxeno]] para sobrevivir, xa que o utilizan como [[aceptor de electróns]] no seu [[metabolismo]] enerxético.<ref>{{DRAG|aerobio}}</ref> A diferenza deles, os [[organismo anaerobio|organismos anaerobios]] son os que non requiren oxíxeno para crecer, e algúns deles mesmo se ven prexudicados ou morren en presenza de oxíxeno.<ref name=Hentges>{{cite book|title=Medical Microbiology |edition=4 |url=https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK7638/ |access-date=24 July 2016 |author=Hentges DJ |chapter=17: Anaerobes:General Characteristics |editor=Baron S |publisher=University of Texas Medical Branch at Galveston |location = Galveston, Texas |date=1996|pmid=21413255 }}</ref> Todos os aerobios poden vivir en ambientes con oxíxeno, pero algúns anaerobios aerotolerantes tamén. A capacidade de realizar a [[respiración celular|respiración aerobia]] ten grandes vantaxes para os aerobios, xa que é un proceso metabólico con maior rendemento enerxético que procesos anaerobios como a [[respiración anaerobia]] ou a [[fermentación]].<ref>{{Cite book|url=https://www.worldcat.org/oclc/1201187551|title=Metals, Microbes, and Minerals - The Biogeochemical Side of Life.|others=Kroneck, Peter, Sosa Torres, Martha, Walter de Gruyter GmbH & Co. KG|isbn=978-3-11-058890-3|edition=1. Auflage|location=Berlin|oclc=1201187551}}</ref> En xullo de 2020, [[bioloxía marina|biólogos mariños]] informaron que se atoparon [[microorganismo]]s (principalmente) aerobios en "[[animación suspendida|animación case suspendida]]" en [[Sedimento|sedimentos pobres en materia orgánica]], que tiñan ata 101,5 millóns de anos de antigüidade, a 76 m de profundidade baixo o fondo do mar no [[Xiro do Pacífico Sur]] ("a zona con menos vida do océano"), os cales poderían ser os seres vivos de vida máis longa nunca atopados.<ref name="NYT-2200728">{{cite news |last=Wu |first=Katherine J. |title=These Microbes May Have Survived 100 Million Years Beneath the Seafloor - Rescued from their cold, cramped and nutrient-poor homes, the bacteria awoke in the lab and grew. |url=https://www.nytimes.com/2020/07/28/science/microbes-100-million-years-old.html |date=28 July 2020 |access-date=31 July 2020 }}</ref><ref name="NC-20200728">{{cite journal |author=Morono, Yuki |display-authors=et al. |title=Aerobic microbial life persists in oxic marine sediment as old as 101.5 million years |date=28 July 2020 |journal=[[Nature Communications]] |volume=11 |number=3626 |page=3626 |doi=10.1038/s41467-020-17330-1 |pmid=32724059 |pmc=7387439 |bibcode=2020NatCo..11.3626M }}</ref>