Organismo aerobio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Tipos ==
Os seres que poden utilizar o oxíxeno para vivir son:
*'''[[Aerobio obrigado|Aerobios obrigados]]''', que necesitan oxíxeno para crecer. Por medio da [[respiración celular]], estes organismos usan o oxíxeno para [[oxidación|oxidar]] substratos (por exemplo [[glícido|azucres]] e [[lípido|graxas]]) e xerar [[enerxía]].<ref name=Todar>{{cite book|url=http://textbookofbacteriology.net/nutgro_4.html |access-date=24 July 2016 |title=Todar's Online Textbook of Bacteriology |author=Kenneth Todar |chapter=Nutrition and Growth of Bacteria |page=4}}</ref>
*'''[[Anaerobio facultativo|Anaerobios facultativos]]''', que usan o oxíxeno se este está dispoñible, pero que tamén poden vivir en condicións anaerobias, utilizando outros métodos para producir enerxía.<ref name=Hentges/>
*'''[[Microaerófilo]]s''', que necesitan pequenas concentracións de oxíxeno para a produción de enerxía, pero sofren danos cando a concentración de oxíxixeno se achega ás concentracións atmosféricas (21% O<sub>2</sub>).<ref name=Todar/>
 
*Ademais destes, os '''[[Aerotolerante|Anaerobios aerotolerantes]]''', que non usan o oxíxeno, mais nontampouco sofren danos en presenza de dito gas.<ref name=Todar/>
 
Cando un organismo pode sobrevivir tanto en ambientes con oxíxeno coma sen el, o [[efecto Pasteur]] pode servir para distinguir os anaerobios facultativos dos aerotolerantes. Se o organismo está nun ambiente anaerobio e está utilizando a fermentación para obter enerxía, a adición de oxíxeno fai que os anaerobios facultativos suspendan a fermentación que estaban realizando e empecen a usar a respiración celular, na cal consomen o oxíxeno e é máis produtiva enerxeticamente. Por tanto, o organismos facultativos poden crecer tanto en ambientes oxixenados coma carentes de oxíxeno.