Dexipo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎Traxectoria: arranxiños
 
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Nado en [[Atenas]] baixo o [[Imperio Romano]], exerceu como sacerdote herdeiro da familia [[Eleusis|eleusina]] dos [[Kerykes]], e ostentou os cargos de [[arconte basileus]] e [[arconte epónimo]] en Atenas. Mandou o continxente ateniense na [[Batalla das Termópilas (254)|batalla das Termópilas]], onde se enfrontou á invasión dos [[hérulos]] (entre 253 e 267){{Sfnp|Millar|1969}}{{Sfnp|Mallan|Davenport|2015|pp=206-207}} que conseguiron saquear Atenas no 269. Porén, demostrou un gran valor persoal, anovando o esquecido espírito patriótico entre os seus concidadáns polo que se ergueu, na súa honra unha estatua, que se conserva, e na que se indicaba, na base, os seus servizos, aínda que omiten os seus logros militares. Esta guerra, foi relatada no seu relato ''Σκυθικά'' (Scythica), na que co apelativo de "[[escitas]]" refírese, principalmente, aos [[godos]] e insiste na necesaria complementariedade necesaria entre as [[Lexión romana|tropas profesionais romanas]] e os voluntarios gregos que viñeron defende-la súa [[Acaia (provincia romana)|provincia]].{{Sfnp|Burgersdijk|Ross|2018|pp=25-26}}<
 
== Obra ==
Liña 10:
* Τὰ μετὰ Ἀλέξανδρον; unha historia da [[Reino de Macedonia|Macedonia]] dos [[diádocos]], é dicir, dos sucesores de [[Alexandre o Grande|Alexandre Magno]], en 4 volumes, que semella ser un [[epítome]] da obra de [[Flavio Arriano]].
* Σκυθικά; coñecida como ''Scythica'', é un relato das guerras contra os xermánicos godos e os escitas en Grecia entre o 238 e o reinado de [[Aureliano]] e nas que el mesmo loitou.
* Σύντομον ἱστορία ou χρονικὴ ἱστορία; é a obra pola que é máis coñecido e consiste nunha ''Historia universal'' ou Historia dos tempos, que consta de polo menos 12 libros, dende as orixes até [[Claudio II o Gótico]], como continuación das obras de [[Éforo de Cumas|Éforo]] e [[Diodoro Sículo|Diodoro]].
 
[[Focio I, patriarca de Constantinopla|Focio]] gabou o seu estilo e o o denominou como un segundo [[Tucídides]].
 
A maior parte deste traballo perdeuse e só quedan algúns fragmentos conservados nos extractos [[Constantino VII|constantinianos]] da época bizantina (''Excerpta de legationibus''). Tamén se pode ter un coñecemento indirecto dela porque serviu como fonte para a ''[[Historia Augusta]]'', que, con todo, ás veces o cita de xeito erróneo{{Sfnp|Paschoud|1991}} e para [[Xurxo Sincelo]], e quizais tamén para [[Zósimo (historiador)|Zósimo]].<ref>{{Cita web|url=https://www.britannica.com/biography/Publius-Herennius-Dexippus|páxina-web=Encyclopædia Britannica|título=Publius Herennius Dexippus|data-acceso=26 de marzo de 2021|data-publicación=7 de decembro de 2011|lingua=en}}</ref> Igualmente, foi o modelo para [[Eunapio de Sardes]], cuxo traballo histórico segue a mesma secuencia cronolóxica có de Dexipo. As "Crónicas" bizantinas de Jean Malalas (século VI) e Xoán de Antioquía (século VII) tamén están inspiradas nas obras de Dexippe.
 
Este Dexipo historiador, non debe distinguirseconfundirse doco comentarista grego de Aristóteles, [[Dexipo (filósofo)|Dexipo]], que deixou un comentario sobre as categorías de Aristóteles.<ref>{{Cita web|url=https://www.treccani.it/enciclopedia/dessippo-o-dexippo_(Enciclopedia-Italiana)/|páxina-web=treccani.it|título=DESSIPPO o Dexippo|data-acceso=26 de marzo de 2021|apelidos=Momigliano|nome=Arnaldo|data-publicación=1931|lingua=it}}</ref>
 
== Notas ==
Liña 32:
=== Ligazóns externas ===
 
* Fragmentos de Dexipo en ''[https://archive.org/details/historicigraecim01dinduoft/page/164/mode/2up?view=theater Ηistorici Graeci Minores]'', de Ludovicus Dindorfius (1870) (en ''[[Lingua grega|grego]]'').
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Historiadores da Roma Antiga]]