Historia de Madrid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 13:
 
As consecuencias para a vila son espectaculares e inmediatas: de apenas 20.000h e 72Ha, a finais de século supéranse os 100.000h en 282Ha (179.000h en 1791). Inda que houbo plans para ordenar todo ese crecemento non se levaron adiante senón cativamente e a expansión, principalmente cara ó leste, fíxose de maneira un tanto anárquica e deslavazada <ref>[http://www.ite.educacion.es/w3/recursos/bachillerato/historia/madrid_virtual/imagenes/obras_monumentos/preindustrial/Planos/Plano_crecimiento_1600.jpg ''Esquema do crecemento urbano ata 1600 coas rúas principais'']</ref>.
[[Ficheiro:Pedro Teixeira Albernaz (1656) plano de Madrid.png|miniatura|250px|Plano de Pedro Texeira, [[1656]].]]
O Alcázar convértese na residencia real e foco da corte e por extensión da cidade. [[Filipe II de España|Filipe II]] segue a remodelalo pero será cos seus sucesores cando rematen as obras máis significativas: no xa chamado Real Alcázar, a fachada sur renacentista (1610-36 <ref>''Detalle do Plano de Texeira entre o Real Alcázar e a Ponte de Segovia sobor do Manzanares'' [http://www.gomezalvarezgomez.com/T3b.html] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080621151210/http://www.gomezalvarezgomez.com/T3b.html |date=21 de xuño de 2008 }}</ref>); a antiga Praza do Arrabalde convertese na Plaza Mayor da capital (1580-1619 <ref>{{Cita web |url=http://www.gomezalvarezgomez.com/T3c.html |título=''Idem centrado na Praza Maior'' |data-acceso=03 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100501180137/http://www.gomezalvarezgomez.com/T3c.html |dataarquivo=01 de maio de 2010 |urlmorta=yes }}</ref>); derrúbase a muralla medieval e, en [[1566]], constrúese unha cerca que pronto queda superada polo que en [[1625]] se erixe unha nova que vai marcar os límites de Madrid ata o s.XIX. Fóra do recinto soamente fiscal aparecen residencias de lecer dos monarcas: Casa de Campo de Filipe II no oeste do río coa Ponte de Segovia e a rúa homónima polo medio; Palacio del Buen Retiro (1629-40, destruído na meirande parte na [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]], excepto o Casón del Buen Retiro e o Salón de Reinos) e xardíns xunto ao ''Monasterio de los Jerónimos'' no límite oriental da cerca, o futuro Paseo del Prado <ref>{{Cita web |url=http://www.gomezalvarezgomez.com/T3d.html |título=''Idem co borde leste da cidade'' |data-acceso=03 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100511010327/http://www.gomezalvarezgomez.com/T3d.html |dataarquivo=11 de maio de 2010 |urlmorta=yes }}</ref>. Esta foi a cidade que albergou o [[Século de Ouro|''Siglo de Oro'']] de [[Diego Velázquez|Velázquez]], [[Francisco de Quevedo|Quevedo]], [[Lope de Vega]] ou [[Luis de Góngora|Góngora]].