Katie Holmes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
A comezos do ano 2005, semanas despois de terminar a súa relación co actor [[Chris Klein]], Holmes iniciou unha relación altamente publicitada co actor [[Tom Cruise]], dezaseis anos maior ca ela. En xuño, dous meses despois do seu primeiro encontro, Holmes e Cruise formalizaron o seu compromiso de futuro matrimonio. Esta relación converteu a Holmes no branco da atención dos medios de comunicación internacionais, sendo moitos dos comentarios de corte negativo, incluíndo a especulación de que a relación era unha montaxe publicitaria para promover as películas protagonizadas pola parella. Malia que Holmes foi criada baixo a relixión católica ingresou na [[Igrexa da Ciencioloxía]] pouco despois de que a parella comezara a frecuentarse. O [[18 de abril]] de [[2006]], deu a luz a Suri Cruise. O [[18 de novembro]] ela e Cruise casaron en [[Italia]].
 
== Curiosidades ==
{{Curiosidades}}
* Presentouse para o papel de [[Buffy Cazavampiros]]. Disque non foi elixida porque aínda non tiña 18 anos, máis adiante pensouse nela para interpretar a ''Faith'', papel que máis tarde se levaría Eliza Dushku.
* A muller de Tom Cruise coida moito a súa imaxe, sobre todo des que iniciou a súa relación co actor estadounidense. Só protagonizou unha escena de sexo no cine, que o seu marido tentou evitar que se emitise na gran pantalla, e un topless no ano 2000.
* Amosouse moi anoxada cando lle roubaron o seu nome. Unha rapaza estadounidense loira e de ollos azuis decidiu trocar o seu nome polo de Katie Holmes. O suceso podería ficar nunha mera homenaxe se a rapaza, con moitas arelas de notoriedade, non tivese anunciado que desexaba iniciar a súa carreira de actriz coma estrela do porno, segundo contan no diario ''New York Post''.
* [[Joel Schumacher]] rexeitou a Holmes para encarnar a Christine en "A Pantasma da Opera" por considerala demasiado maior para o papel.
* Ultimamente volveuse moi amiga de Victoria Beckham, pola amizade que Tom Cruise ten cos Beckham, amais David e Victoria foron dos poucos afortunados que puideron coñecer en persoa a Suri, a filla de Katie e Tom, e, así mesmo, a actriz norteamericana foi elixida para interpretar a Victoria na gran pantalla.
 
== Filmografía ==